O Goberno local abrirá as portas do balcón de María Pita para facer unha lectura pública dos versos do poeta da Terra Chá que elixiu a cidade da Coruña para pasar os seus derradeiros anos, Manuel María. O acto, Pregoa a voz, será o Día das Letras Galegas, xa que é o homenaxeado deste ano. A lectura comezará ás 12.00 horas do vindeiro martes, 17 de maio. A persoas interesadas en participar poderán apuntarse de maneira gratuíta tanto na web municipal como no teléfono de información cidadá, o 010.

O concelleiro de Culturas, José Manuel Sande, reivindicou onte as creacións de Manuel María. "A súa obra é patrimonio de todas e todos os coruñeses e temos a obriga de poñela en valor e coidala", dixo o edil, que avoga por que a actividade das Letras Galegas se estenda más alá do mes de maior.

O día 17, o grupo Milladoiro tocará no teatro Rosalía, a partir das 21.00 horas. As invitacións repartiranse no despacho de billetes da praza de Ourense, de luns a venres en horario de 09.30 a 13.30 horas e de 16.30 a 19.30 horas. Daranse un máximo de dúas entradas por persoa.