A exposición 'Saúde e Terra, irmá(n)s!', percorrerá, a partir do 18 de maio, as sete cidades galegas para conmemorar o centenario de creación das Irmandades da Falacentenario Irmandades da Fala. O proxecto nace como resultado dun acordo entre a Deputación da Coruña, o Museo do Pobo Galego e a Real Academia Galega (RAG). A RAG tamén celebra hoxe xunto co Concello da Coruña un acto para conmemorar esta efemérideRAG.

A vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín; o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, e o seu homólogo do Museo do Pobo Galego, Xusto Beramendi, asinaron, na institución provincial, un convenio de colaboración para a posta en marcha desta iniciativa.

Segundo explicou Goretti Sanmartín, a Deputación da Coruña comprométese a dotar o proxecto cunha cantidade de 91.994 euros para a realización desta exposición. O seu obxectivo é dar a coñecer as Irmandades da Fala "e a súa defensa de Galicia como centro de decisión propia".

Pola súa banda, o presidente da RAG recordou que as Irmandades naceron "nun momento no que levar adiante as actividades lingüísticas que propoñían implicaba un xesto heroico como dar unha conferencia en galego". Ademais, dixo que "quizais haxa que volver en non poucos aspectos ao espírito das Irmandades da Fala", apuntou sobre a necesidade de incentivar o uso do galego.

Pola súa banda, o presidente do padroado do Museo do Pobo Galego recordou que, a exposición, que se inaugurará o 18 de maio na Coruña, conta coa colaboración de asociacións e fundacións que teñen que ver con este movemento.