-Que se vai financiar co convenio con Ecombes?

-Hai 600.000 euros que xa están comprometidos para mellorar a recuperación do plástico film e cousas que antes eran difíciles de separar. A Xunta xa ten os planos sobre esta actuación.

-Pois o Goberno galego di que aínda non sabe qué quere facer o Concello.

-Iso é moi desleal, porque queriamos que as obras na planta e a compensación se non acadan os obxectivos fixados entrasen en vigor coa sinatura do convenio e vemos que será difícil que este ano se poña en marcha, o que producirá perdas de 1,2 millóns de euros ao Concello, ao Consorcio As Mariñas e a Albada. Asinaron o convenio sen avisarnos e aínda non se nos notificaron unha serie de cuestións.

-E que pasa co selado do vertedoiro?

-Aínda non se nos notificou que a Xunta ampliou o ano pasado o prazo ata xuño a Albada para que o faga, porque oficialmente non sabemos nada.