O presidente da asociación veciñal Oza-A Gaiteira-Os Castros, Paulo Sexto, defende que os peiraos "sexan de dominio público", e tilda de "barbaridade" o cumprimento do convenio de 2004. "San Diego é o sitio idóneo para a estación intermodal e para os buses de cercanías e para facer un centro de lecer, así como para recuperar actividades industriais, como as relacionadas co peixe, que sempre se desenvolveron na cidade", comenta e defende a "devolución gratuíta dos terreos".