O Colexio das Franciscanas adiantou onte os festexos do Día das Letras Galegas coa celebración dunha gran muiñeira. Ao acto, no que participaron 450 alumnos de Primaria, asistíu a gaiteira Susana Seivane, que acompañou o baile coa súa interpretación.

Ademáis, os estudantes rendiron homenaxe ao galego a través do recitado de varios poemas. Os escolares elaboraron tamén unha gran bandeira a partir de flores, que loceu mentres soaba o himno de Galicia da man da coñecida artista.