-Como xurdiu a idea de gravar este, tan pecu- liar, disco de Músicas populares de la Gran Guerra ?

-Procurando información sobre rexistros fonográ- ficos, atopamos unha colección interesantísima na Biblioteca de Santa Bárbara, da Universidade de California. Alí están dixitalizando millares de cilindros antigos de cera e facendo certos playlist con todos estes temas. Unha das temáticas onde recolleron 116 cancións, das que ata o de agora teñen dixitalizado, é a da música popular da Primeira Guerra Mundial. Nós recollemos esas cancións para poder facer este proxecto discográfico.

-Surprendeulles o feito de que a meirande partes desas cancións foran compostas e interpretadas para animar os soldados con historias de amor, etc... en vez das cancións con consigna ideolóxica que tanto abundan no repertorio das Músicas de la Guerra civil española . do que, por certo, tamén editaron Vdes. un disco anterior?

-A música en tempos de guerra utilizouse para es- pertar o patriotismo, pero tamén para aumentar a moral dos soldados, de chorar as perdas, de xerar apoio na fronte, etc... Debemos ter en conta que unha guerra de trincheiras, como foi la Gran Guerra, ten moitos intres de espera, e os soldados utilizaban as cancións neses intres para aliviar o horror do combate, lembrando os seus amores, a calor do fogar, etc... E iso foi nomeadamente o que encontramos en moitas das cancións das que logo fixemos as nosas versións.

-Que criterios seguiron para a selección de temas finalmente incluídos no disco?

-Foi un criterio bastante caprichoso, xa que dos 116 temas que aparecen na lista temática da UCSB, eliximos os dez que máis nos gustaron e, ao tempo, que mellor podían servir ás nosas intencións de im- provisación e reelaboración.

-Quixera que me contaran como conseguiron tan doado acceso a ese auténtico tesouro de arquivo.

-En canto nos enteiramos da súa existencia, escribimos ao responsábel do arquivo, David Seubert, contándolle o noso propósito; dende o primerio momento, el proporcionóunos todas as facilidades para utilizar o material e reproducir algúns fragmentos orixinais no disco.

-En que consiste iso de "apadriñar" unha canción para que sexa dixitalizada, que ofrecen neste arquivo da Biblioteca de Santa Bárbara?

-O fondo de dixitalización finánciase a través da Universidadee tamén a base de donacións particulares. Quen queira, pode elixir un ou varios de entre os millares de cilindros que aínda non están dixitalizados e apadriñalo doando os cartos necesarios para a súa dixitalización(á biblioteca cústalle 60 dólares dixitalizar, catalogar e preservar un cilindro). Para aqueles que estean interesados, éste é o enlace: http://cylinders.library.ucsb.edu/dona- te.php.

-O repertorio do disco está, loxicamente, integrado por cancións estadounidenses. Non lles tenta facer un disco con cancións da Gran Guerra, pero doutros bandos como o ruso, o alemán, etc.?

-Pois claro que si, pero o fondo que utilizamos é o dunha biblioteca norteamericana, que conserva cilindros de música americana, na súa maioría... Pero tamén facemos unha versión del It´s a long way to Tipperary , que é unha canción de music hall composta por Jack Judge e Harry Williams en 1912 na cidade inglesa de Stalybridge como homenaxe á vila irlandesa de Tipperary, da que Jack Judge era orixinario.

-Disculpe a licenza, pero facer versións coa guitarra e a zanfona desas cancións, é toda unha "ou sadía". Por que decidiron facelo así?

-É que son instrumentos que nós tocamos e dominamos. A ousadía, sendo Antonio guitarrista e eu zanfonista, tivera sido facer as versións con clarinete e piano (risos).

-Xa que estamos coa zanfona, podería contar- nos que foi o que lle atraeu tanto deste "misterioso" instrumento para que tomara a decisión de dedicarse a el?

-Á zanfona xa a descubrín sendo eu un rapaz; é un instrumento que chama moito a atención polo seu son constante e a súa particular fisionomía. Felizmente, puiden mercar unha de segunda man cos cartos que gañei nun concurso de canción, e dende aquela que me dedico a ela.

-Cal é a verdadeira orixe da zanfona? Ten que ver algo con Galicia?

-A orixe é netamente europea, e ten moito que ver con Galicia e, en particular, co Camiño de Santiago, notabilísima ruta cultural, ademais de espiritual. En cada igrexa do Camiño podemos atopar unha representación do instrumento e en Compostela, tanto na Catedral, xusto enriba do pantocrator, como no pazo de Xelmírez, hai magníficas representacións pétreas deste instruimento. Por outra banda, na década de 1930, grazas ao grande filántropo Antonio Fernandez López e mais ao labor de Faustiono Santalices, comezouse a recuperar o instrumento en Galicia. Debido a eses esforzos, podemos coñecer aínda hoxe a zanfona e, ademais, tocala. Agora mesmo, coido que Galicia é o lugar do mundo con máis zanfonistas por metro cadrado.

-Sendo tan "raro", por que a zanfona se converteu nun dos principais instrumentos que utilizaban os cegos de antano, que cantaban polas aldeas?

-Precisamente por ser tan "raro" e chamar a atención. Aqueles cegos usaban o instrumento tamén como reclamo, e o bordón prporcionáballes unha base sobre a que lanzar o seu su recitativo ou improvisar doadas melodías.

-Despois deste disco e, hai dous anos, de facer o experimental é curiosísimo Método cardiofónico, con qué nos sorprenderá no seu próximo traballo discográfico?

-Teño un proxecto moi bonito sobre un personaxe de Galicia do que se coñece pouco, pero que foi un grande inventor. Non o quero descubrir aínda, pero estou moi ilusionado coa posibilidade de reconstruír algúns dos instrumentos que inventou (hai uns días atopei un prototipo orixinal dun deles), e unha máquina parlante que é un enxeño espeluznante que ninguén foi quen de reconstruír. Por outra banda, tamén estamos traballando sobre unha versión contemnporánea da Lira Organizzata, una zanfona órgano do S.XVIII, e cunhas campás automáticas controladas por Midi que me regalou unha persoa que me escoitara pola radio... En fin, que non nos aburrimos.