Leal e amigo

29.06.2017 | 01:13
Leal e amigo

Na morte de Alfonso Zulueta de Haz agurgulla na nosa memoria o verso inmortal que fala dos "bos e xenerosos". El foi en vida acreedor dos dous adxectivos que Pondal situou nun punto crítico do discurso central de Galicia que é o Himno. A memoria, imprevisíbel, tráeme agora a Zulueta en compaña de Isidoro Millán, no hall do Teatro Principal de Pontevedra, antes do incendio. Manifestábanse felices trala estrea d'A raposa e as uvas, dirixida esta espléndida comedia por Maximino F. Queizán. De lonxe, vexo a Zulueta en labores mil de apoio á causa galega; cultural e políticamente activo. E tamén da causa humanitaria de solidaridade e apoio aos excluídos do banquete, ás victimas. Pasa Alfonso na miña memoria e trai baixo do brazo todos os libros bíblicos definitivamente en galego. E funda os alicerces dunha casa que é o SEPT. Logo, morto Seixas, nas turbulencias do recordo Zulueta redacta as actas fundacionais de todas as causas nobres de Galicia que se van tratando de constituír legalmente. E está, tamén, nas ilegais. Segundo a miña acordanza, chegado o momento, el, que non ten andado lonxe de Ruiz Giménez, fundou o PGSD (así, socialdemócrata) que se situou, aínda Franco vivo, na defensa dunhas Bases Constitucionais que nada tiñan que ver cos pactos da Transición. Ás institucións foi chamado a participar en cargos de representación máxima, e alí deixou pegada fonda de limpeza e de honradez. Nunca negou un esforzo. A figura pública de Zulueta confería confianza e irradiaba simpatía a chafarices desde os lugares de honra que ocupou. Por parte, en segredo, que é o réxime ao que se acollen as boas persoas, deitou axudas, apoios e, algo moi importante, bos consellos a quen llos demandaba. M.ª Teresa, a súa mellor colaboradora e apoio firme, chora a Alfonso na hora da despedida, e nós acompañámola. Inseparábel do galeguismo e dunha idea de democracia que non entende esta disterada da xustiza social, a figura de Alfonso Zulueta de Haz por raíces e por elección, resúltanos inseparabel da cidade de Vigo e das súas empresas culturais de base. Moi especialmente represéntasenos a persoa de Zulueta unida á Fundación Penzol, na liña que se inicia coa apertura da súa primeira sede en Policarpo Sanz e lonxe de calquera colaboracionismo e apoio do sistema franquista. E sempre preto dos libros, e dos cadros, dentro da circulación ceibe de ideas, na corrente central da libertade e da vindicación social e galega. Séxalle leve a terra ao bon amigo e leal compatriota.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Lotería del Niño 2017

Comprobar Lotería del Niño

Toda la información de la Lotería del Niño. Comprueba los números premiados con nuestro widget de la Lotería del Niño.

 
Widget Lotería del Niño

Llévate a tu web, a tu escritorio o a tu iGoogle los resultados de lotería de Navidad y de la lotería del niño. Descárgatelo

 
Enlaces recomendados: Premios Cine