RESUMEN DEL AÑO 2023 GALICIA
Fito cinéfilo con Camborda
A directora vasco-galega converteuse na primeira española en lograr a Concha de Oro de San Sebastián. ‘As Bestas’ reinou nos Goya, onde tamén triunfou o coruñés Alberto Vázquez
mar mato
Este ano 2023 trouxo unha das mellores anadas para o cinema galego coa coroa depositada sobre a directora Jaione Camborda. A galego-vasca converteuse na primeira española en conseguir a Concha de Oro no Festival de San Sebastián coa súa película O corno, sobre unha parteira galega dos anos 70, na ditadura, que debe fuxir da súa casa. O filme era tamén o primeiro en lingua galega que optaba ao galardón e fixo historia.
O corno chegou ás salas de cinema comerciais onde conseguiu ser a Concha de Oro de Donosti máis taquilleira desde o año 2002. O equipo do filme ten postas as súas esperanzas na nominación ao Goya á mellor actriz revelación con Janet Novás. Precisamente, nos vindeiros Goya, que se celebrarán no mes de febreiro, saberemos se a viguesa María Vázquez se fai co Goya a mellor actriz protagonista polo seu papel en Matria. O director, o vigués Álvaro Gago, optará ao Goya a mellor director revelación. O coruñés Xoel López pode gañar o premio á mellor canción.
Foi Matria outra película galega que rachou neste 2023 e que foi laureada no Festival de Málaga coa Biznaga de Oro para Vázquez polo seu magnífico traballo representando a Ramona, unha muller que emprende un camiño cara o amor propio e a reafirmación no seu presen te e futuro con dignidade. Outro filme que escribiu unha páxina importantísima na historia do cinema galego este ano foi Samsara, de Lois Patiño. Foi a primeira vez que un director galego lograba premio no festival de Berlín. Alí, fíxose co premio especial do xurado na sección Encounters.
Máis momentos inesquecibles para o cinema galego no 2023 chegaron a principios de ano cos Goya da última edición na que As Bestas de Rodrigo Sorogoyen se fixo con nove cabezóns dos 17 aos que aspiraba. Así, o intérprete santiagués Luis Zahera levou para casa o Goya de mellor actor de reparto. Nesa gala, tamén se valorou con Goya o traballo do coruñés Alberto Vázquez, director da película de animación Unicorn Wars; e de Fran Araújo polo seu guion adaptado para a longametraxe sobre o atentado na sala Bataclan Un año, una noche.
- Aprobado el nuevo tamaño de las maletas de mano: queda poco para que podamos viajar así
- Poner una hoja de laurel debajo de la almohada: la solución que cada vez hace más gente (y con razón)
- La cena para adelgazar perfecta tiene un único superalimento y lo tienes en casa
- Tres frutas que mejoran tu sueño y te permiten descansar ocho horas del tirón
- Así se las gastaba Borjamina en 'Ahora Caigo': su carrera en solitario antes de integrarse en los 'Mozos de Arousa
- Tamara Falcó admite las limitaciones que le ha impuesto su médico de cabecera: "No puedo, me pica
- El adiós de los Mozos de Arousa en 'Reacción en Cadena': "Mucha gente dejará de verlo
- Poner las perchas al revés en el armario: la útil solución que cada vez copia más gente y con razón