A Domus de A Coruña proxecta dende este martes, e ata o 9 de xaneiro a nova película en tres dimensións 'Wild Safari: Aventura en Sudáfrica', a través da que se invita os espectadores a coñecer os chamados "cinco grandes", o elefante, o rinoceronte, o leopardo, o búfalo do Cabo e o león.

Segundo os Museos Científicos Coruñeses, é a primeira vez que unha película retrata a vida salvaxe en tres dimensións, situando o espectador como copiloto dun safari que percorre as diversas reservas naturais de Sudáfrica. A película inclúe, ademais, escenas a vista de paxaro, do sur de Africa.

As proxeccións serán ata o 9 de xaneiro, ás 13.00 horas, en versión en galego, no caso de 'Wild Safari', e ás 18.00 horas en versión en castelán. 'SOS Planet' ofrecerase ás 12.00 horas en versión en castelán e ás 17.00 horas en versión en galego.