-Que falou cos axente que subiron no elevador?

-Intentei convencelos de que o que estaban a facer era totalmente desproporcionado. Dicíalles que, aínda que é o seu traballo, podían facer outras cousas. Pedíalles que non seguisen adiante, pero, evidentemente, non me fixeron caso.

-Por que baixaron?

-A nosa intención era facermos resistencia pasiva no tellado e que nos sacasen como puidesen. O que pasou foi que Álvaro tomou a decisión de que xa estaba, que non pagaba a pena seguir loitando e que tiñamos que baixar polos nosos medios. E foi o que fixemos. Nós respectamos a súa decisión e estamos alí para apoialo en todo. Eu penso que estaba tan canso da situación que quixo acabar canto antes.