1. A Marea achega un desexo de cambio para que sexa a cidadanía da Coruña quen realmente mande. Levamos moito tempo coa mesma política, desde os anos do vazquismo até agora, con Carlos Negreira de alcalde, e esta é a ferramenta para que as cousas poidan mudar.

2. Somos a única candidatura impulsada por persoas que non están adscritas ningún partido político. Somos parte do grupo inicial que fixo un chamamento a que se construíse este proceso de unidade popular. Achegamos, por así dicilo, o pegamento desta confluencia que se acabou materializando.

3. Detectamos a necesidade de que era necesario un cambio. Era algo que se percibía desde o 15-M pero tamén desde os tempos de Nunca Máis. Entendimos que chegou o momento de unirse e de convertir este desexo de cambiar A Coruña nunha realidade.

4. Estamos todavía en proceso de elaboración do programa, pero para nós o imprescindible é abrir as ventás e os caixóns de María Pita e acabar coa corrupción dunha vez por todas. Precisamos un goberno que deixe de investir os cartos en obras faraónicas sen utilidade e que comece a facelo en garantir unha vida digna para todas as persoas da Coruña.