1. A Marea cremos que achega un cambio real, capaz de implicar á xente nun proceso que vai acabar coa lóxica bipartidista de alternancia de PP e PSOE, que levamos padecendo todos estes anos.

2. A nosa candidatura está conformada pola xente que tamén facemos parte da coalición Alternativa Galega de Esquerda „integrada por Esquerda Unida, Anova e Espazo Ecosocialista„. Somos persoas que achegamos a nosa traxectoria de loita na rúa, contra os desafiuzamentos, de apoio aos traballadores que sufriron expedientes de regulación de emprego e a precarización das súas condicións de traballo. Unha bagaxe de anos e anos de loita que agora continuamos.

3. Levamos a unidade no noso ADN político. Entendimos que estamos a vivir un momento histórico, o fin dunha época. Fomos moi xenerosos e soubemos deixar a un lado os intereses do partido para ir de man da cidadanía a un proceso de confluencia.

4. É fundamental fomentar a participación. No Goberno municipal, a Marea debe crear mecanismos participativos para que sexan os veciños quen decidan desde os barrios como e en que investir os cartos públicos e cales son as necesidades de cada zona. Eles son quen mellor o saben.