1. A Marea vai achegar xente con capacidade para cambiar o escenario político coruñés. Sabemos que a transparencia é precisa para que exista unha boa xestión. Levamos un grande candidato, que é maxistrado suplente. Iso, para min, é vital porque materializa o que se pretende facer.

2. Achegamos capacidade de xestión, de remangarse, e activismo. Eu teño unha empresa desde os 24 anos e sei o que é lidiar co día a día e cos problemas das pequenas empresas. Contamos con xente activa no movemento veciñal, xente activa no sentido interno e representantes da mocidade.

3. Integrámonos porque somos unha organización pequena e sabemos que a unidade é boa para toda a cidade. Non estamos en disposición de lanzar unha campaña en solitario e que unir esforzos e persoas era moito máis útil. Naceu a Marea e tivemos claro que había que participar.

4. Temos que ser transparentes desde un comezo, sabendo realmente que xente forma parte do Concello. Temos funcionarios que seguro que poden facer un grande traballo mentres se están a contratar estudios privados que poderían facer eles. A partir de aí, hai que analizar que se está a facer desde o Goberno local. Lograr unha cidade sen desafiuzamentos tamén é fundamental.