A Policía Nacional detivo a un home na Coruña como presunto autor dun delito de roubo con violencia ou intimidación e outro de falsificación de documento. Un home entrou nun bar da zona do Ventorrillo e aproveitou que a camareira estaba soa para simular que levaba unha arma escondida, pedir cen euros e amenazou con "un tiro" se non se lle entregaba os cartos. A vítima asustouse moito, pero o asaltante fixo varios movementos cos que deixou ao descuberto o que parecía ser o tapón dunha botella, no lugar onde se supoñía que levaba a arma, según o 091.

A prexudicada enfadouse, encarouse co individuo e mesmo chegou a forcexar con el, ata que fuxiu do lugar e empezou a súa procura por parte dos axentes, avisados ao momento. Varias dotacións localizaron a un home que correspondía coa descrición facilitada mentres este conducía un vehículo coas matrículas manipuladas.