A CORUÑA EMPRENDE
ToxoSoftware e Hortocol, dúas das miniempresas de 'Lanzadeiras'

Alumnos do IES San Clemente traballan na miniempresa ToxoSoftware. / l. o.
P. O. C.
Dentro do proxecto Eduemprende organizado pola Consellería de Educación e a Fundación Alcoa e no que colabora LA OPINIÓN inclúese o programa Lanzadeiras Coruña enfocado á creación dunha ducia de proxectos de miniempresas en dez centros educativos da provincia. De Santiago e arredores participan o IES San Clemente e o CEIP de Sigüeiro. Os alumnos e coordinadores contaron esta semana coa axuda de Modesto Gómez, de Enxeño Galicia, que lles asesorou coas súas dúbidas.
Os alumnos do IES San Clemente realizan o papel de deseñadores e programadores web, na súa empresa virtual ToxoSoftware. Esta empresa forma parte de Green Spots in Town, un proxecto de eTwinning que desenvolven seis alumnos do Ciclo Superior de Administración de Sistemas Informáticos en Rede (ASIR) do centro coordinados polo profesor Marcos Vence e da auxiliar de conversa Maggie Ryan con integrantes do curso profesional de xardinería do 1st Vocational Lyceum of Ierápetra de Creta, en Grecia.
Os alumnos gregos actúan como clientes do servizo e precisan un website para publicar información e material sobre paisaxismo. O resultado é unha web bilingüe en galego e grego con información técnica (recomendacións para unha mellor urbanización de zonas verdes, por exemplo), planos e debuxos feitos polos estudantes, imaxes de ambas cidades (Compostela e Ierápetra)... Os coordinadores explican que o alumnado aprende a traballar a distancia por videoconferencias e usando inglés como lingua ponte, aínda que os resultados finais estarán en galego e en grego. Os participantes reparten o traballo en función das súas habilidades. Desde ToxoSoftware adícanse a crear páxinas web encargándose de todo o proceso: contratar aloxamento, dominios, deseño e programación do website e formación para que o cliente saiba usalo. A iniciativa promocionarase en páxinas web, Facebook e Google+ dos centros; ademais do TwinSpace do proxecto: https://twinspace.etwinning.net/25012.
No caso do CEIP de Sigüeiro, 47 alumnos de 6º de Primaria traballan em Hortocol, unha idea que xurdiu das mestras de Educación Infantil, que levaban un tempo pensando en ter un horto, como explica unha das coordinadoras Mari Carmen Penedo. E cando viron a convocatoria de Lanzadeiras pensaron en que aí estaba a oportunidade para crear unha miniempresa hortofrutícola na que tamén poden colaborar os cativos de Infantil. O centro pretende que sexa unha empresa sostible e respetuosa co medio, non un horto convencional, porque nel úsase material de refugallo como bricks, botellas de plástico, cartóns de ovos para reciclar.
Os abonos son orgánicos e os pesticidas están feitos a base de plantas como as ortigas. Tamén contan cunha composteira na que empregan as tonas da froita das merendas do recreo. Os alumnos que traballan en Hortocol están divididos nos departamentos de produción, comercio e vendas, marketing e finanzas. O traballo promocionarase na páxina web do centro, do Concello e das Asociacións de Nais e Pais (ANPA). Penedo Mosquera destaca que os alumnos están moi ilusionados coa iniciativa. "Para eles todo é novedoso, crear unha miniempresa na que deciden que plantar, onde mercar e como organizarse. E síntense maiores ensinando aos pequenos", asegura.
- Terrazas secretas en A Coruña: las 6 joyas de barrio favoritas de los vecinos (de Lonzas a O Portiño) para merendar al sol esta primavera
- Nueva vida para el concesionario Conde Medín: el Concello presentará proyecto para dedicarlo a 'equipamientos públicos' en el segundo semestre de 2026
- Así es el calendario del Deportivo en la recta final de Segunda División: rivales, viajes y duelos directos
- Los Jove, Collazo y Modesto Rodríguez promueven pisos turísticos en dos edificios ruinosos en el centro de A Coruña
- Del primer Zara del mundo a supermercado Dia: el emblemático local de Juan Flórez, en A Coruña, ya tiene nuevo inquilino
- El lotero acusado de quedarse con la Primitiva millonaria: 'Cuando encuentro el boleto no tengo a nadie delante
- La Xunta anuncia una nueva oferta de empleo público con más de 800 plazas de libre acceso
- Francisco Vázquez, exalcalde de A Coruña, solicita al Deportivo no cambiar su topónimo