Síguenos en redes sociales:

O folclore, das rúas á rede

Ardelloeixo presenta hoxe cunha foliada na praza José Sellier a súa páxina web, na que recolle vídeos tutoriais para aprender a bailar e tamén información sobre a música de raíz na cidade

O folclore, das rúas á redecarlos pardellas

Algo así como abrir un baúl e botar o todo o seu contido ao clareo e preparalo para unha nova vida, algo así fai a webArdelloeixo.gal coa música de raíz na cidade. É un portal no que se recollen os espazos de fabricación de instrumentos, os bares e as actividades que teñen que ver co baile e a música tradicional, pero é taménor unha guía interactiva para coñecer algo máis sobre as músicas herdadas das avoas, da improvisación precisa para que descoñecidos de calquera esquina fmen unha roda e se entendan case sen falar, só co idioma universal das voltas, os paseos e os puntos.

A web naceu, segundo explicou onte o concelleiro de Culturas e, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, "para dar visibilidade e normalidade á música de raíz" xa que, na Coruña "está moito máis presente do que parece", pero faino co obxectivo de achegar un punto de vista comprometido e "acorde aos tempos" e metendo na ecuación a perspectiva de xénero e a diversidade. Este proxecto, que conta tamén con clases virtuais para os que queiran comezar a coñecer os ritmos e os pasos básicos do folclore galego, ofrece vídeos das asociacións que participan activamente co proxecto -Son D'Aquí, Xacarandaina e Donaire-, pero tamén información doutras entidades que, a diario, difunden o folclore galego desde as aulas da cidade, comoPandeireteiras Sen Fronteiros. É, segundo Antonio Prado, de Donaire, "unha radiografía" da música tradicional na cidade pero vista desde varios enfoques. Para celebrar o nacemento deste proxecto, Ardelloeixo fará unha presentación informal hoxe, a partir das 13.00 horas, na praza José Sellier, aberta a todas as persoas que queiran participar, saiban ou non bailar e tocar. Os contidos da web están feitos polo colectivo Punto e Volta.

Pulsa para ver más contenido para ti