A concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, opina que o servizo de canguraxe "aporta solucións que as veces é difícil atopar, para esas personas que non poden contar cun familiar". Destaca que é "un dos proxectos estrela" da asúa área. "Como está moi ben valorado, levoo con moito orgullo e coa necesidade de melloralo", destaca.

Asegura que, según os datos municipais, o servizo de canguraxe "incrementou o uso" e por iso continúan traballando para melloralo. A resposta dos usuarios é "moi positiva". "Temos que estudar a cifra de que moitos dos traballos de asistencia a domicilio son traslados", informa. A partir das opinións dos pais que contan con este servizo para ter un sitio onde deixar os seus pequenos, Fraga sinala que é un "dos mellor valorados".

Dende que comezou a súa andadura como concelleira de Igualdade e Diversidade, Fraga aceptou este reto con "bastante orgullo e a necesidade de melloralo". "Queremos incrementar o número de horas e aportar ese servizo as mulleres máis vulnerables, como as que están na casa de acollida ou afectadas por violencia de xénero", aclara.

Rocío Fraga non duda en sinalar que quere que "o servizo siga mellorando". "Xa o fixo pero a idea é continuar mellorando e analizando en detalle as necesidades das familias", propón ilusionada. Además, o Concello quere tamén "mellorar as condicións laborais das traballadoras". Por estas razóns, según a concelleira, "incorporar no presupuesto do próximo ano algún estudo máis en detalle para valorar estos anos de servizo y melloralo".