Margarida Vázquez foi a impulsora deste servizo de canguraxe. Como concelleira de Igualdade e Participación Cidadá no bipartito, a nacionalista puxo as primeiras pedras deste proxecto hai case unha década. "Penso que é unha ferramenta con flexibilidade dabondo como para responder ás necesidades de conciliación de bastantes familias", comenta, e engade que "hai familias que necesitan un horario e outras, outro, por uns temas ou outros.

A idea xurdiu para facer fronte os problemas dalgunhas familias que non teñen con quen deixar os seus fillos. "Pensabamos que podía ser unha maneira de cubrir aspectos fundamentais como o traballo, a búsqueda de traballo, cursos de formación, ocio ou temas personais. Pero fundamental, por temas laborais", detalla. Recorda a súa experiencia como "moi bonita". "Non había ningún servizo parecido naquel momento, só os de conciliación da Xunta e dalgúns servizos sociales. Pero tal e como o concebimos nós, non", relata. Asegura que o seu equipo "traballou moito" para crealo, baseándose nun servizo de acompañamento das familias que había en Madrid. "A partir de aí, elaboramos o regulamento para que comezase a funcionar".

Margarida Vázquez aínda recorda cómo naceu e cómo se impulsou para dar atención aos nenos que non teñen con quen estar mentres os seus pais traballan. A nacionalista declara estar "moi contenta" pola evolución do servizo. "Foi unha alegría que pasara un Goberno de maioría do PP e que siga coa Marea que, polo que vexo, está ampliando o servizo", conclúe.