A Asociación de Veciños de Atochas-Monte Alto acadou unha altísima popularidade a comenzos da Transición democrática polo seu rigor en todas as reivindicacións, aproveitándose da ebullición contestataria que contaxiou a toda a cidade. Buscou sempre unha nova forma de canalizar as súas inquedanzas coa búsqueda dunha cultura participativa en forma de asembleas, denuncias públicas e manifestacións. Que xunto ao resto do movemento veciñal e o combativo papel desenvolvido polo movemento sindical contribuiron a debilitar a derradeira corporación franquista e a acadar un concello democrático resulta unha experiencia histórica contrastada.

Pero, posteriormente, as asociacións de veciños pagaron un alto prezo por aqueles anos de vacas gordas baixo o mandato da corporación democrática, presidida polo primeiro alcalde nacionalista, Domingos Merino. As reticencias ou temores a enfrontarse a Francisco Vázquez con propostas orixinais, pero, igualmente, combativas, crearon un tapón que asfixiaron moitas entidades prometedoras. Con Vázquez, o movemento veciñal, con honrosas excepcións, pasou por unha dura crise, tan só remedada polas aportacións de vistosos chispazos protagonizados por algúns dos seus máis cualificados dirixentes.

Por iso, aproveitando as festas promovidas pola asociación de representación veciñal de Atochas-Monte Alto, resulta imposible non sinalar unha serie de feitos que mudaron a vida do barrio: a cidade deportiva da Torre, en dura loita co R. C. Deportivo da época; a escola infantil, Luis Seoane; o mercado de Monte Alto; a biblioteca do Campo de Marte; os maratóns populares, a modo de reclamo de instalacións deportivas; as cabalgatas de reis ou o concurso de choqueiros, sen esquecer as presións para eliminar os arcóns de Orillamar, un recinto que albergaba toda a miseria sutilmente dosificada, ao igual que o poboado da antiga rúa Tabares. Curiosamente, moitos destes logros teñen nomes propios que xa non están con nós, pero seria estéril todo intento de anulalos. Son testemuña de que moitas eran persoas máis preocupadas en millorar as condicións da poboación máis vulnerábel do barrio que de atender á súa propia actividade profesional.

Sirvan estas breves liñas, coincidintes coas festas de Atochas-Monte Alto, para tributar un homenaxe a todas as persoas que en diferentes fases pasaron pola xunta directiva como un recoñecemento sinceiro de que sen o seu compromiso vital o barrio non seria o que é.