Musicólogos e investigadores da historia da música galega farán hoxe un repaso a compositores e cancións nun concerto gratuíto no teatro Colón a partir das sete da tarde. A iniciativa é de Irmandade da Música Galega, un colectivo que traballa pola divulgación e dinamización da música patrimonial galega. "A idea é amosar o potencial dos compositores galegos, actuais e pasados", explica o actor e gaiteiro Moncho do Orzán, que fará hoxe de mestre de cerimonias.

O concerto comeza ás sete coa Alborada de Veiga de Cántigas da Terra e El lamento de Marcial del Adalid, con Margarita Viso no piano. Meus amores, Santa María Strela do día e N egra sombra tamén forman parte do repertorio, no que haberá tamén unha suite de valses galegos. "É o noso pistoletazo de salida e participan a coral do Sporting Club Casino, Follas Novas, El Eco e Cantigas da Terra", desvela Moncho do Orzán, quen di que hai protagonismo "da música culta, aínda que tamén haberá popular".

A Irmandade da Música Galega explicou nun comunicado que hoxe é "un día histórico de presentación ao público" e desexa que a su creación "sirva de axuda para estimular unha etapa de revalorización do patrimonio musical galego".

Será un concerto moi completo que fará un repaso "dende as cantigas de Santa María ata a música do romanticismo galego pasando por pezas de corte popular", según o presentador da actuación.

O colectivo de músicos e investigadores quere "poñer en funcionamento o repertorio de compositores olvidados" e facer máis actividades nun futuro próximo. As seguintes actuacións serán en Rianxo, con motivo do centenario de Felipe Paz Carbajal.