Malia que xa pasou máis dun mes desde o último 8M, a ola feminista continúa para reivindicar e facer reflexionar. Eses mesmos obxectivos os comparten as activistas Cinzia Arruzza, Tithi Bhattacharya e Nancy Fraser en Feminismo para o 99%. Un manifesto, que Ermitas Valencia salienta como "unha lectura interesante neste intre"."É un momento acaído para que a xente reflexione sobre os dereitos humanos e das mulleres", afirma a dona de Suévia. O local ofrecerá omércores a visita de Carlos Callón, o venres a representación O monstro de cores e o sábado un contacontos especial.