Os alumnos de 2º da ESO do IES Agra do Orzán participan no programa Lanzadeiras Coruña para recaudar fondos para unha actividade de fin de curso. E fano a través da cooperativa Agra-Re que aglutina ás empresas creadas na aula taller de Tecnoloxía. No proxecto traballan o departamento de Formación e Orientación Laboral (FOL) e os alumnos de 2º de ESO de Música e de Tecnoloxía. Tamén contan. Dende Tecnoloxía os alumnos traballan, na produción e construción de prototipos „un agasallo e un instrumento„ con material reutilizado. Os alumnos de Música desenvolven a parte técnica da musicalidade dos trebellos. Para ampliar os coñecementos houbo un taller co multiinstrumentista Abraham Cupeiro; unha charla sobre Economía Circular e o uso dos Plásticos; ou unha visita ao Centro de Artesanía e Deseño (Centrad) para coñecer como traballan os luthieres e os instrumentos do Pórtico da Gloria. Para dar a coñecer a empresa no Instagram #Agra_R súbense as actividades e os prototipos. No blog de Ciencia do instituto tamén hai un apartado onde aparecen as novas no enlance https://agraciteblog.wordpress.com/agrarecicla-2/. Ao remate do curso farase unha feira para vender os prototipos.