O parque Europa foi o punto de encontro, onte, de Pablo Díaz e Olga Kirk, que tocaron xuntos no espectáculo Coas miñas mans, para maiores e nenos. Pola noite foi o turno de Xosé Lois Romero e Aliboria, que aproveitaron a súa actuación para estrear un tema en directo, a súa Rumba e muiñeira do Castro. Foi un concerto moi especial para a formación, no que sonou tamén o tema Ana quere pan. A música ó aire libre encheu de ambiente Eirís e tamén Santa Margarida.

20

Espectáculos al aire libre en A Coruña