Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O trío Zumaque, Carmen Penim e Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, os grandes triunfadores dos XX Premios Opinión

O Festival do Mundo Celta de Ortigueira acadou nesta edición o recoñecemento especial pola súa andaina senlleira

Nun teatro Rosalía con aforo reducido e coas medidas sanitarias precisas para garantir a seguridade dos asistentes, os Premios Opinión da Música de Raíz celebraron esta noite o seu vixésimo aniversario. O trío Zumaque, que fixo doblete, Carmen Penim e Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre foron os grandes gañadores nesta edición, que contou coas actuacións de Lulavai e o Cuarteto Caramuxo. Os músicos repasaron clásicos do seu repertorio e deron a coñecer ao público asistente temas inéditos que formarán parte dos seus próximos discos.

O xurado decidiu entregar o galardón ao Mellor Tema Orixinal a 'Silván', unha canción do trío Zumaque que forma parte do seu disco homónimo. Trátase do primeiro álbum da banda. Tamén Pablo Pascual, componente de Zumaque, foi o gañador do XX Premio Opinión ao Mellor Artista.

A Mellor Adaptación dunha Peza Tradicional recaeu en 'Aí ven o barco do mare', de Carmen Penim, mentres que o Mellor Disco foi para 'As catedrais silenciadas', de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre.

A distinción especial que recoñece a Andaina Senlleira mereceuno nesta XX edición o Festival do Mundo Celta de Ortigueira. Os seus responsables aseguraron que volverán no 2022 co festival máis grande e máis longo da historia de Ortigueira. "Este premio énchenos o corazón", comentaron ao recoller o galardón.

A alcaldesa Inés Rey, a directora de LA OPINIÓN, Carmen Merelas, Juan Carlos Da Silva, subdirector xeral de Prensa Ibérica en Galicia e José Luis Fernández Astray, director de comunicación de Gadis, foron os encargados de entregar os galardóns.

En Directo
Tracking Pixel Contents