O BNG iniciou onte na cidade un chamamento ao conxunto da sociedade a pendurar a bandeira galega de xanelas e balcóns, con motivo da semana do 25 de Xullo, día da Patria Galega, para celebrar e sentir “o orgullo do que somos e de pertencer a esta nación”, como explicou a viceportavoz parlamentaria do Bloque, Olalla Rodil, nun acto no que tamén participaron a deputada Noa Presas, o portavoz municipal, Francisco Jorquera, e a concelleira Avia Veira, e no que realizaron unha colocación simbólica da insignia nun inmoble da Coruña, cidade na que se pendurou por primeira vez a bandeira galega nunha institución, concretamente no Concello, hai xusto 100 anos.