Hoxe reunímonos aquí para conmemorar o aniversario dun xornal que, en dúas décadas de vida na Coruña, se ten convertido nun referente informativo e de xornalismo de calidade na cidade e na súa contorna. O xornal cumpre 20 anos, un tempo no que ten acompañado a evolución da cidade apostando polo pluralismo de fontes e a liberdade de expresión como pedras angulares do seu quefacer diario.

Para a cidade é unha riqueza poder contar cun xornal comprometido coa Coruña e a súa área metropolitana que informa sobre a actualidade local e que tamén aporta unha visión relevante sobre moitos outros temas que aos coruñeses e coruñesas lles concernen e preocupan.

Nestes 20 anos, LA OPINIÓN foi testemuña excepcional dos grandes acontecementos que viviu a cidade, o xornal iniciou a súa andadura contando o día a día dun Dépor que acababa de proclamarse campión de Liga, viviu en primeira persoa o desastre do Prestige e celebrou con toda a cidade a declaración da Torre de Hércules como patrimonio da Humanidade en 2009 e durante este último ano, 20 anos despois desempeñou un papel fundamental na cobertura informativa da crise da COVID-19.

Ninguén dúbida de que, hoxe por hoxe, a pesares do auxe das redes sociais e doutras fontes de información os medios de comunicación tradicionais seguen a ser unha peza clave na conformación de opinión pública xa que ademais de informar con rigor, ofrecen relato e contexto sobre todo canto acontece.

Creo que situacións de crise como a orixinada pola pandemia permitiunos ver de novo o relevante papel que xogan na sociedade os medios de comunicación.

Considero que todos fomos conscientes que nunha conxuntura como a da pandemia o xornalismo é esencial e se fai máis necesario ca nunca para informar a un público que precisa información veraz, certezas, respostas, contexto e análise sobre todo o que está a acontecer.

Xunto a isto, asistimos a unha fonda transformación do xornalismo en tanto e canto o papel se resinte a favor do xornalismo dixital. A ninguén se lle escapa que acomodarse ao novo escenario supón un verdadeiro desafío para as cabeceiras tradicionais, pero non debemos esquecer que sexa cal sexa o soporte ou a canle a finalidade dos medios de comunicación non varía. Segue a ser a de contribuír a xerar espírito crítico e crear opinión.

LA OPINIÓN, ao igual que o resto de medios de comunicación rigorosos, ten por diante outro reto incuestionable. O de facer fronte aos bulos e ás fake news, perigosos na sociedade en tanto en canto producen desinformación alentando versións dos feitos que benefician intereses moitas veces espurios. Por iso, é importantísimo facer bo xornalismo na actualidade, xornalismo que axude a derribar falsidades, contraste datos erróneos e rebata contextos narrativos de parte.

Retos que estoy segura que LA OPINIÓN será capaz de superar gracias al magnífico equipo de profesionales con el que cuenta y al soporte y fortaleza que le confiere formar parte de uno de los principales grupos editoriales de España, Prensa Ibérica.

Su presidente, Javier Moll, señalaba recientemente en el 40 Aniversario del Grupo que la fortaleza de sus 17 cabeceras residía en su capacidad de generar empatía y conectar con la voluntad colectiva de construir un mundo mejor.

En esa vocación de contribuir a un mundo mejor mediante el debate de ideas, la difusión del conocimiento y la apuesta por el progreso local, encontrarán siempre la colaboración del Ayuntamiento de A Coruña.

Enhorabuena por estos 20 años de contribución a la libertad de expresión y de compromiso con la ciudad.