O Nadal na Coruña comezou o pasado 4 de decembro. Desde entón, a cidade é maxia grazas aos case tres millóns de luces LED que se atopan por case todas as rúas e prazas. Hai 550 arcos, 150 motivos en farois, 53 árbores iluminadas, 17 rúas con teitos de luz, 14 prazas con paraugas e marañas de luz, 6 fachadas e elementos emblemáticos iluminados, unha bola de 12 metros na Mariña, tres figuras selfie, un nacemento e unha iluminación especial na praza de María Pita.

Poboado navideño en María Pita. // L. O. B. C. [A Coruña]

A árbore do Obelisco foi o escenario elixido para acender o alumeado da cidade. O guía Suso Martínez e a alcaldesa Inés Rey foron os mestres de cerimonia, na que nenos e maiores, moi afectados pola pandemia, foron protagonistas. Nico, de 5 anos, e Pomba, de 11, e os avós María del Carmen e Enrique, elixidos por sorteo tras entregar os primeiros uns debuxos, foron os encargos de conectar as luces.

Tamén fixo unha actuación o mago Román, que deixou abraiados a todos os presentes cos seus trucos.

Alumeado navideño en praza de España. // L. O.

A cidade de Papá Noel

Na praza de María Pita atópase o poboado de Nadal, onde se atopa Papá Noel xunto aos seus elfos nunha das casetas.

Casiña do poboado. // L. O.

Ademais de desfrutar de esta cidade en miniatura, os pequenos da casa poden participar en obradoiros culturais. As actividades están destinadas a nenas e nenos de curta idade e teñen unha duración de dúas horas. Un dos obxectivos deste programa é a dinamización do comercio local, xa que os pais, nais e familias dos participantes poderán facer as súas compras de Nadal durante ese tempo.

‘Selfie’ na bola da Mariña. // L. O.

Haberá aforo límite e os interesados poden apuntarse alí, en María Pita, durante os días previos. Os horarios son: Días 18 e 19 decembro: de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas. Días 22, 23, 24, 26, 27, 28, 29, 30, 31 decembro e 2 xaneiro: das 12.00 ás 14.00 horas e das 17.00 ás 21.00 horas. Días 25 decembro e 1 de xaneiro: de 17.00 a 21.00 horas.

Hoxe e mañá, e os días 23 e 24, Papá Noel estará cos seus elfos nunha caseta do poboado e recibirá ás nenas e nenos en horario de 12 a 14 e de 17 a 21 horas.

O Belén municipal

Este ano, co Belén, o Goberno de Inés Rey réndelle unha homenaxe ao persoal traballador sanitario coa inclusión da figura da enfermeira galega Isabel Zendal, que no ano 1803 se embarcou na primeira expedición sanitaria internacional da historia saíndo desde o porto da cidade, rumbo ao continente americano. Zendal está representada xunto ao seu fillo Benito, un dos 22 pequenos que integraron a expedición para que a vacina da varíola chegase ao outro lado do Atlántico. O nacemento estará dispoñible ata o día 6 de xaneiro, data de clausura, en horario de 11.00 a 14.00 horas pola mañá e de 17.00 a 21.00 horas polas tardes, salvo 24, 25 e 31 de decembro e 5 de xaneiro –só de mañá– e 1 e 6 de xaneiro —só de tarde—.