A memoria da emigración ao Reino Unido, nunha mostra

Redacción

O Kiosco Alfonso acolle a exposición As xeracións do Montserrat. Memoria emocional dos emigrantes galegos no Reino Unido, organizada polo Consello da Cultura en colaboración co Concello da Coruña.

A exposición, aberta ate o vindeiro 14 de xaneiro, distribúese nos dous andares do Kiosko Alfonso. No andar baixo localízase unha presentación xeral da emigración galega ao Reino Unido, os buques e a Compañía Transatlántica Española así como diferente documentación particular para reconstruír a memoria emocional dos emigrantes.

Tamén contén diferentes maquetas dos buques (localizados na SEPI e Museo Naval), planos dos mesmos, proxeccións audiovisuais etc. No primeiro andar ofrécense imaxes de Alberto Martí e Manuel Ferrol.