RESUMEN DEL AÑO 2023 A CORUÑA

Outro ano máis coa música de raíz e o deporte coruñés

Tanxugueiras, nos Premios Opinión de Música de Raíz.  | // C. PARDELLAS

Tanxugueiras, nos Premios Opinión de Música de Raíz. | // C. PARDELLAS / redacción

redacción

Nunha edición moi especial, Leilía e Tanxugueiras foron as premiadas nos XXII Premios Opinión da Música de Raíz. As cantareiras, que celebran a súa xira de despedida, verán recoñecida a súa traxectoria co premio Andaina Senlleira e as intérpretes de Terra, que acaban de encher o Coliseum para poñer fin ao tour Diluvio, inauguraron un novo galardón: Acontecemento Musical do Ano. A gala de entrega dos premios celebrouse en xuño no seu escenario habitual, o Teatro Rosalía. Presentada polo xornalista Alfonso Hermida, contou coas actuacións en directo de Ghaveta, Camaaño&Ameixeiras e as propias Tanxugueiras.

Só uns días despois, tiña lugar no Ágora a Gala do Deporte da Coruña e a súa Comarca, que repartiu protagonismo entre a natación, o piragüismo e o hockey sobre patíns. María de Valdes, Carlos Arévalo, por terceira vez consecutiva, e Jacobo Garrido, por quinta, foron coroados no auditorio municipal como mellores deportistas coruñeses de 2022. Debutou como premiado Juan Copa na categoría de mellor adestrador e o Liceo recibiu o seu terceiro galardón. O club Ría de Betanzos, Miguel Ángel Pérez e a proba Coruña Big Waves completaron o palmarés do ano.