Freixanes chama a “ceder todos” e “deseñar un novo horizonte” en política lingüística
“Ou avanzamos ou retrocedemos”, avisa o presidente da Academia
Rueda defende a “relación armónica” das linguas cooficiais e que os idiomas “non son para provocar conflito”

Día das Letras Galegas: A Coruña rende homenaxe a Luísa Villalta / Carlos Pardellas
“Ou avanzamos ou retrocedemos. Non hai posicións intermedias”, aseverou o presidente da Real Academia, Víctor Fernández Freixanes, no pleno extraordinario celebrado polas Letras Galegas en homenaxe a Luísa Villalta no Teatro Rosalía. “Para avanzar, con toda a sociedade detrás, toda, necesitamos sentarnos a falar e a deseñar un novo horizonte, un novo tempo que corrixa erros e abra esperanzas, onde se cadra todos teñamos que ceder algo para avanzar moito, sen medos, sen vendas nos ollos”, reclamou Freixanes ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que presidía a sesión sentado á súa dereita.
“Queda o ofrecemento enriba da mesa ao señor presidente e ao señor conselleiro”, pechou o seu discurso o presidente da Academia. Rueda asentiu serio. Viña de defender, no acto da Xunta celebrado no Teatro Colón, que “as dúas linguas cooficiais” de Galicia gardan “unha relación armónica” e que as linguas “son para comunicarse, non para provocar ningún conflito nin ningunha liorta”.
“A lingua non é propiedade de ninguén, ou é de todos”, sostivo o mandatario e asegurou que “a iso, a seguir enriquecendo, responde a creación da Consellería” de Cultura, Lingua e Xuventude que dirixe José López, quen onte debutou con soltura na celebración á fronte do novo cargo autonómico. Saudou a discreción, coas mans nos ombreiros, bicos ou abrazos, e amosouse próximo e atento coa nai e a irmá de Luísa Villalta.

Acto da Xunta no Día das Letras Galegas en lembranza de Luísa Villalta / LOC
Foi o novo conselleiro estradense quen ofreceu esta semana o “gran pacto polo galego” que amentou Fernández Freixanes. Tendeu a man a “falar” e “ceder”, pero chamou a “afrontar criticamente, tamén desde a autocrítica, a realidade do idioma pensando no seu futuro”. Asegurou que “a situación preocupa, entre outras cousas, porque os tempos mudaron moito” pola “revolución tecnolóxica”, a “transformación do rural, a mobilidade social ou os cambios xeracionais e novos hábitos de consumo”. E “sería un erro grave, suicida, mirar para outro lado”. Pasaron 40 anos da Lei de Normalización Lingüística e 20 de Plan de Normalización, “que só parcialmente chegou a executarse”, apuntou. E avisou: “Perdemos falantes e non acabamos de construír un proxecto para as novas xeracións”.
“A fórmula idónea é o respecto ás diferentes sensibilidades”, defendeu Alfonso Rueda onte. A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, reivindicou pola súa parte o “galeguismo que ten a súa raíz na Coruña” e que “emerxe do popular, dos barrios”.
- Las primeras dependientas del Zara de Juan Flórez se despiden de la tienda: «Empezamos a vestir a los niños, después a los niños de los niños y después a los nietos de los niños».
- Una andaluza llega a A Coruña y se indigna con este plato: 'no sé si voy a poder vivir con ello
- ¿Qué es un Zacaffé? La nueva apuesta de Inditex que abrirá a final de mes en A Coruña
- Una de las familias más ricas de Cataluña, casera de la primera tienda de Zara del mundo, en A Coruña
- Luz verde a las demoliciones y reformas de la antigua Alu Ibérica de A Coruña, junto a Marineda, para albergar dos nuevas fábricas
- Zara cierra la primera tienda de su historia y anuncia un nuevo proyecto en la calle Compostela
- La hostelería de A Coruña apuesta por la intermodal: 'Si la zona se revaloriza, queremos ser una de las referencias
- A Maestranza de A Coruña: de suelo público a viviendas de lujo en diez años