Nuria Rodríguez.MonferoO socialista Andrés Feal cumpre este ano dúas décadas á fronte do Concello de Monfero e inicia agora a súa quinta lexislatura como alcalde. Faino tras acadar a maioría absoluta nos pasados comicios locais, a única maioría absoluta lograda por unha forza política na comarca.-Nas pasadas eleccións o PSOE mantivo a maioría absoluta, mais baixou de oito a seis concelleiros. Vostede anunciaba un proxecto continuísta, mantén esa idea? -Si, tentaremos cumplir de xeito estricto o programa. De todos os xeitos, nas eleccións todo o que sexa quitar unha maioría absoluta é un bo resultado. Tamén tiñamos unha maioría moi folgada... -Na comarca houbo un xiro cara a dereita...-É certo, e mira a ver cantas maiorías absolutas se acadaron. Cada vez é máis complicado, hai máis partidos e o voto divídese. Eu xa levo 20 anos [como alcalde] e ao mellor a xente cansa de ver sempre a mesma cara...-En campaña sinalaba coma un dos principais proxectos o Plan Xeral de Ordenación Municipal. En que fase se atopa?-Posiblemente no mes de setembro a empresa adxudicataria, Proes, nos presente as delimitacións dos núcleos.-Cantos cartos invertiu o Concello na súa redacción?-Creo que uns 123.000 euros, aproximadamente. Fáloche de memoria.-O plan incluirá unha área industrial.-Está prevista, si, pero de momento prefiro non dar máis información. Non podemos dicir aínda onde se construirá. Eu seino máis o menos, pero prefiero agardar a que sexa público.-Onde cre que está o futuro de Monfero?-O futuro de Monfero pasa por unha economía diversificada e se queremos iso temos que mirar polo turismo, pola industria, pola gandeiría... Un pouco por todo.-Non sería mellor centrarse nun só sector?-Non, non son partidario de centrarme tan só nunha cousa, porque Monfero é moi grande e aquí cabe todo. Podemos ter gandeiría, industria e turismo e todo parte dunha boa ordeación do territorio.-Que tipo de industria se instalaría no municipio?-Eu iríame polas industrias non contaminantes, de elaboración de productos máis que nada da terra. Industrias que fosen moi respetuosas co medio, xa que ao ser un concello rural hay que ter un pouco de cuidado con iso.-Outro proxecto en marcha é o portal de entrada ao parque natural das Fragas do Eume.-Vai ubicado nuns terreos e nunha casa, a do caseiro, que mercamos arredor do mosteiro. Mercamos 300 ferrados. O portal de entrada vaise ubicar alí e no resto do espazo vanse preparar fragas, áreas recreativas...-Que servizos ofrecerá?-O Concello vai facer unha cesión compartida coa Consellería de Medio Ambiente. Nós usaremos uns locais, Medio Ambiente outros e haberá outros espazos que usaremos conxuntamente. Vaise recuperar toda a casa e na parte dereita farase unha nova edificación que se integrará no conxunto, onde irá o centro de interpretación.-En que fase se atopa a iniciativa?-Están redactando o proxecto, que debe de estar prácticamente listo. Contamos con que se licite en breve, durante este ano. Unha vez esté rematado, firmaremos os convenios e a ver o que se pode facer. A casa e os 300 ferrados -aquí o ferrado está en 548 metros cadrados- mercámosllos ao Ministerio de Economía y Hacienda por uns 127.000 euros. Mercamos bastante barato...-Contan no seu territorio co parque natural das Fragas do Eume.-Debemos de ter un 64% da superficie do parque no Concello.-Ten algún proxecto para que o espazo natural e a súa figura de protección revirtan nos veciños? Moitos considéranse "afectados"...-Xa hai xente que lle está quitando partido, sobre todo cando saen as subvencións. Hai outra parte que está en contra do parque e que non se beneficia porque non pide. Eso agora está un pouco parado, porque aínda falta presentar o plan de usos e xestión do parque. Mentres non esté presentado pouco se pode facer.-Esixirá algunha condición no documento?-Iso lévao a Consellería de Medio Ambiente.-E o seu traballo vai na línea que quere o Concello?-Na línea do que é a xestión dun parque. Aí pouco se pode facer...-Algúns colectivos piden que se lle dea traballo aos veciños como vixiantes, por exemplo.-Iso é máis complicado do que parece, xa que esas prazas cúbrense por oposición. Non é como lle parece a moita xente, non é tan doado entrar na administración.-Cantos parques eólicos hai no municipio?-De momento non hai máis que dous, un o de Sotavento e outro na Serra da Loba, compartidos un con Aranga e Irixoa e outro con Xermade.-Que beneficios obtén Monfero destas empresas?-Os ingresos da licenza de obra e pouco máis. Agora parece ser que xa sairon sentenzas favorables e que as empresas teñen que tributar e pagar o imposto de bens inmobles e contribucións especiais, que ata o de agora non estaban contribuíndo. Vaise avanzando nese tema, pero todo a base de sentenzas. Falta moito por lexislar aínda.-Vostede apoia as reclamación veciñais para mellorar o servizo de telefonía e a internet-Se queres internet póñencha vía satélite, pero pídenche 3.000 euros ou máis, segundo o modelo de antena que precises. De todas as maneiras, estamos traballando no tema e no da telefonía rural tamén, tentando chegar a un convenio con Telefónica para ver se poden colocar unha serie de receptores no municipio.