A artista norteamericana era a líder e voz principal do trío Stray Birds, que se desfixo o ano pasado. O paso lóxico era encetar unha andaina como solista, xa que amosou nese período coa banda que ten capacidade abondo para compoñer e crear cancións notables. A súa ópera prima leva por título Adaptations e saíu á venda a finais de xaneiro. Este é un momento importante na súa carreira, "que foi dirixido totalmente polo sentimento. Era como facer unha viaxe ao descoñecido e non ter medo de afrontar esa transformación musical", comenta Maya. Hai un tema inspirado nunha viaxe a Cuba, no que deita na letra esas diferenzas que existen entre o xeito de vivir na illa e o dos Estados Unidos.