O Clube da Lingua ‘adestra’ a Idiakez
O adestrador vasco invita aos alumnos do IES Marco do Camballón, de Vila de Cruces, a visitalo a Abegondo, logo de mandarlle unha regueifa
Nerea Couceiro
“Ola, amigo Imanol/nós somos do Camballón/somos de Vila de Cruces”. Así comezaba a regueifa (cánticos espontáneos que tradicionalmente buscaban demostrar o enxeño e mesmo facer reivindicacións sociais a través da sátira) que os alumnos e alumnas do IES Marco do Camballón, de Vila de Cruces, fixeron chegar a pasada semana ao adestrador do Deportivo, Imanol Idiakez, como mostra de agarimo por teren pedido antes dunha rolda de prensa que se comunicaran con el en galego para poder aprender o idioma.
Enviaron a orixinal cantiga en formato vídeo e a resposta que recibiron foi unha invitación a visitar a Cidade Deportiva de Abegondo e falar co propio Idiakez. Oferta que xa aceptaron.
A composición, que foron recitando por turnos os mozos e mozas, está cargada de enxeño e orixinalidade, pero sobre todo busca ser didáctica: “Desde o Clube da Lingua/nós querémosche ensinare/para que aquí na Galiza/ti poidas comunicarte”.
- Meter papel higiénico con vinagre: el secreto efectivo que cada vez hace más gente
- Alerta de la Guardia Civil por lo que está ocurriendo en Vinted y Wallapop
- La familia del supuesto dueño de la Primitiva millonaria pide responsabilidad civil de Loterías
- Consigue adelgazar durante las cenas con un sencillo hábito: resultados más que probados
- Victoria práctica y sin lujos de la Real Sociedad
- Directo | Leyma Básquet Coruña - Castellò
- Un abogado coruñés asume la demanda colectiva de 4.000 afectados por el motor Puretech defectuoso
- El truco definitivo para eliminar la grasa de la lados de la cintura