Entrevista | Antón Chouciño Candidato do BNG de Culleredo

“Rotundamente non apoiaríamos un goberno de Rioboo. Non hai nada en común”

Antón Chouciño.   | // LOC

Antón Chouciño. | // LOC / S. Vázquez

Como marcha a campaña?

Ben. Estamos tendo moi boa acollida. Páranos xente e danos moi bo retorno. Nos actos que facemos, abertos sempre, nas intervencións é a xente a que mete a contundencia e a necesidade dun cambio. Veu ao noso acto acudiu moita xente que acudía por primeira vez a un acto político porque botan de menos que isto cambie e vésenos a nós como a alternativa mais válida.

Cales son as súas prioridades?

Hai que sacar adiante o Plan Xeral de Ordenación Municipal. Intentar rescatar todo o que se poida e agarrarse a el como se poida para que, aínda que haxa algún informe caducado, renoven a validez os organismos e sacar o PXOM, que é imprescindible para unha planificación do futuro de Culleredo. Se non planificamos, irá a trompicóns, sen unha orde e obxectivos definidos.

E que máis propoñen?

A outra grande cuestión: a defensa de Culleredo fronte a terceiros. Hai que ser moi reivindicativo con AENA; co Ministerio de Fomento, tanto polo aeroporto como polo vial 18. e esa mochila que trae atrás, a ampliación da autoestrada AP-9 de catro a oito carrís ao paso por Culleredo, e tantas cousas que nos afectan e nos sentimos indefensos, ou se nos oculta información, ou se vai ao arrastro da información que vamos sacando nós, o BNG. O resumo de todo isto sería conseguir un lugar para vivir. Temos que crear un sitio con arraigo, onde os nosos fillos queiran vivir porque teña identidade, arraigo, servizos, oferta cultural, atención a domicilio… que o fagan atractivo. Unha mobilidade e á altura das persoas, que non a hai neste momento. Aspiramos a ser a forza máis votada.

Se non, apoiarían a Rioboo, deixaríano gobernar...?

Non, rotundamente non apoiaríamos un goberno de Rioboo. Nós con esa xente non temos nada en común. Non hai ningún lugar de encontro con xente á que mesmo denunciamos na Fiscalía por motivos sobrados.