feira do cocido

Fin de semana grande na capital do cocido

A festa gastronómica acada este domingo a súa 56 edición » A poeta compostelá Yolanda Castaño será a pregoeira neste 2024

O día grande da cita agárdase a chegada de milleiros de visitantes, que encherán as rúas e prazas da localidade para asistir aos distintos actos programados, antes de degustar o tradicional prato.

O día grande da cita agárdase a chegada de milleiros de visitantes, que encherán as rúas e prazas da localidade para asistir aos distintos actos programados, antes de degustar o tradicional prato. / Bernabé

M. González

Todo preparado na cabeceira comarcal dezá para a celebración do día grande da Feira do Cocido de Lalín. Declarada de Interés Turístico Internacional no ano 2020, a cita gastronómica chega a unha nova edición despois de semanas de promoción e actividades ao abeiro da festa con máis sona da comarca.

Lonxe queda aquel 1968 cando os rexidores dos 6 municipios que integran o Deza (Lalín, Silleda, Vila de Cruces, Rodeiro, Agolada e Dozón) se reuniron baixo o lema “Unidos por el mismo afán” para artellar unha estratexia de difusión e comercialización dos produtos vencellados coa gastronomía típica da comarca.

O día grande da cita agárdase a chegada de milleiros de visitantes, que encherán as rúas e prazas da localidade para asistir aos distintos actos programados, antes de degustar o tradicional prato.

O día grande da cita agárdase a chegada de milleiros de visitantes, que encherán as rúas e prazas da localidade para asistir aos distintos actos programados, antes de degustar o tradicional prato. / Bernabé

Daqueles concellos, o de Lalín decidiu levar á práctica as ideas xurdidas naquel encontro mediante a creación da Feira do Cocio, un evento que se celebrou por primeira vez en 1969 para exaltar o prato rei da cociña galega. Como cada domingo anterior ao Entroido, Lalín convertese novamente no epicentro da gastronomía, nun fervedoiro de xente que encherá rúas e prazas durante o día grande.

O día grande da cita agárdase a chegada de milleiros de visitantes, que encherán as rúas e prazas da localidade para asistir aos distintos actos programados, antes de degustar o tradicional prato.

O día grande da cita agárdase a chegada de milleiros de visitantes, que encherán as rúas e prazas da localidade para asistir aos distintos actos programados, antes de degustar o tradicional prato. / Bernabé

A partir das 10:30 horascomezarán os actos oficiais no concello. Ás 12:45 horas será o pregón, e tras el, o tradicional desfile de carrozas, charangas entroidos tradicionais e agrupacións musicais.