La Opinión de A Coruña

La Opinión de A Coruña

Unha reunión musical que tardaba unha década

Xabier Díaz, Guadi Galego e Guillerme Fernández ofrecen esta noite un concerto no festival Castelo Conta

Guillerme Fernández, Guadi Galego e Xabier Díaz nunha actuación no Ultramarinos hai anos. Juan Luis Rúa

O festival Castelo Conta ten este mércores á noite una actuación musical “especial, puntual e singular”, como apunta Xabier Díaz. O músico galego reúnese con Guadi Galego e Guillerme Fernández para ofrecer versións co seu estilo persoal de temas de todos os tipos. Esta actuación gratuíta, con reserva previa de entrada, comeza ás 20.30 horas. A invitación de Xosé Antonio Touriñán para unha actuación de Díaz con Adufeiras de Salitre e a propia Guadi Galego deu pé a unha reunión con Guillerme Fernández para recuperar unhas funcións festivas que cesaron hai unha década.

O trío de artistas galegos recupera deste xeito unha tradición que perderon hai unha década. “Este era un concerto que nós faciamos nun local de Santiago, o Ultramarinos, cada Nadal”, conta Xabier Díaz. Nesta vez, interpretaban una serie de temas que adaptaban aos estilos musicais que máis lles gustaban aos artistas. “Deixamos de facelo porque o bar pechou e non atopamos outro sitio no que sentirnos da mesma forma á hora de facelo”, conta Guadi Galego.

As actuacións repetíronse durante “sete ou oito anos. Ao comezo non viña ninguén, pero acabamos sendo tanta xente que había que facer dous pases”, lembra Guillerme Fernández. Os tres continuaron a súa traxectoria no mundo da música con colaboracións ocasionais, aínda que nunca recuperaran este formato actuando os tres xuntos.

Compartir el artículo

stats