O David Buján e o Afonso X O Sabio súmanse á iniciativa para promover o uso da lingua galega

REDACCIÓN

O instituto David Buján e o Afonso X O Sabio, do concello de Cambre, súmanse á campaña #AquíTaménSeFala, unha iniciativa de dinamización da lingua galega promovida polo instituto Rafael Dieste da Coruña. O obxectivo é rachar cos prexuízos que pretenden transmitir a imaxe de que en Galicia non se fala galego e na actualidade conta con máis de 170 centros adheridos.

Os rapaces dos institutos cambreses participantes colaboraron na colocación de carteis co lema da campaña en varios establecementos do termo municipal cambrés. A campaña pretende sensibilizar e conciencia sobre o uso da lingua galega e, en concreto, reivindicala no ámbito das empresas.