Feira de Artesanía, recital e teatro en Culleredo

Posto na feria de onte en Culleredo.  | // L.O.

Posto na feria de onte en Culleredo. | // L.O. / REDACCIÓN

Máis de cincuenta postos de artesáns estiveron onte na praza Europa do concello de Culleredo para festexar o 17 de maio coa Feira de Artesanía. Durante toda a xornada, ata as oito da tarde, os visitantes puideron ver e mercar nos postos de alimentación, xoiería, coiro, bonecos, bolsos, aneis, xogos, figuras de cera, téxtil, sacos térmicos, mel, coitelos ou crochet. Xunto a esta feira en O Burgo tamén houbo recitais da Agrupación Folclórica Ancoradoira e a Asociación Cultural Catalmibre. Caxoto realizou ademáis unha representación teatral.

Na véspera houbo tamén un concerto no conservatorio polo Día das Letras Galegas, coas Pandeireteiras Vento Mareiro, o Grupo de Gaitas Xebre, Foles das Mariñas e Voces Veteranas de Culleredo.