Síguenos en redes sociales:

Grandes desafíos urbanisticos

Grandes desafíos urbanisticos

Os grandes desafíos urbanisticos que temos por diante van ser o motor de transformación de nosa ciudade para as próximas décadas. Por eso é vital poñer o acento nunha visión humanizada, amable, sostible e moi respetuosa co medio ambiente para que o resultado final sexa invite a vivir nela, en todos os seus espazos. Para a Coruña de dentro de 20 anos, os principais temas que piden hoxe dunha intervención de longo percorrido son:

Atención barrial: Os barrios son as comunidades humanas máis cercanas ás persoas nás súas vivencias colectivas. Dotalos debidamente, prestarlles a atención en canto a limpeza e recursos faría desta unha cidade máis conexionada.

Mobilidade sostible: Tendo no horizonte a diminución do tráfico rodado na cidade, desprazarse cómodamente a través de medios públicos non contaminantes, bicicleta ou camiñando.

Economía e emprego:  a cidade ten que afondar nas posibilidades económicas que poidan abrir nichos de emprego, sobre todo para os máis xóvenes. O porto e a súa economía azul é todo un potencial que ten que dar grandes respostas.

Vivenda: Oferta de aluguer asequible, sen exclusión social nen asentamentos precarios, como a da Pasaxe. Unha cidade libre de especulación, onde prime a rehabilitación sobre o consumo de novas edificacións. Nos espera unha cidade verde e azul,  co punto de mira  posto na emerxencia climática, e onde convivir na diversidade, na pluralidade e nos valores cívicos mais básicos, para que non teñamos que facer un exercicio de imaxinación senon conseguer que A Coruña sexa a cidade alegre, solidaria, vanguardista, diversa e sensibilizada que sempre foi recoñecida.

Pulsa para ver más contenido para ti