Hong Sang-soo

Corea do Sur / 77 min. / Ficción / Coreano

Ficha artística:

Kim Min-hee, Seo Young-hwa, Song Seon-mi

Ficha técnica:

Guión: Ryusuke Hamaguchi, Tadashi Nohara, Kiyoshi Kurosawa

Fotografía: Tatsunosuke Sasaki

Edición: Hidemi Lee

Produción: Keisuke Tsuchihashi, Takashi Sawada, Satoshi Takada, Tamon Kondo

2020: Oso de Prata á mellor dirección na Berlinale

Mentres o seu marido está nunha viaxe de negocios, Gamhee visita a tres vellas amigas. Aparece entón de forma inesperada un home que interrompe o fío tranquilo das súas conversacións.

Hong Sang-soo

(Seúl, Corea do Sur, 1960)

Logo de estudar na Universidade Chungang e nos Estados Unidos, debutou como director en 1996 con O día que un porco caeu a un pozo. Nos seus filmes a ilusión de familiaridade relaciónase coa maior sofistificación, a sensación de realismo combínase cun achegamento case conceptual do relato e o tempo cinematográfico. En 2015 foi recoñecido co Leopardo de Ouro do Festival de Locarno por Agora si, antes non.

NUMAX