A Corporación de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) celebrará a semana grande do Día de Galicia cunha programación especial que incluirá directos desde a Praza do Obradoiro, documentais e unha gala musical co lema Non hai fronteiras. Os especiais arrancarán o domingo co acto de entrega das Medallas de Galicia por parte da Xunta. Ese mismo día pola noite, a partir das 22.00 horas, emitiranse os tradicionais Fogos do Apóstolo desde o Obradoiro con Alba Mancebo, Noelia Rey e Arturo Fernández.

Xa o propio 25, Día de Galicia, retransmitirase a Ofrenda ao Apóstolo Santiago, protagonizada por terceiro ano consecutivo polos reis Felipe VI e Letizia. Será narrada polo xornalista Eduardo Herrero con comentarios de Fernando Madriñán. Ademáis, Marcos Sueiro copresentará o Telexornal Serán desde Santiago, mentres que os programas da Radio Galega Galicia por Diante e A Tarde serán en directo desde o Obradoiro.

A Gala do 25 de xullo será pola noite con Xosé Ramón Gayoso e Esther Estévez, conductora de #DígochoEu. O programa levará por lema Non hai fronteiras e contará con Tanxugueiras, Marta Sánchez, Heredeiros da Crus, Sabela Ramil, Budiño, Ortiga, Pili Pampín e Sondeseu, entre outros.

O magazine Quen Anda Aí? Verán tampouco descansará o 25 e, a continuación, estrearase A Galicia do prerrománico: un documental de producción propia que percorre a historia da comunidade durante os cinco séculos que seguen á caída do Imperio Romano, incluído cuando se descubriu a tomba do Apóstolo.A programación extenderase máis alá do 25 de xullo e incluirá, o día 29, a Treixarromaría co grupo folk Treixadura.