‘A porta aberta’ aborda o traballo de Cogami no mundo da discapacidade
O programa emítese esta noite, ás 21.00 horas, na TVG2

Anxo Queiruga, Susi Pérez, Celso Álvarez e Rosa Gutiérrez | . // P.C. / REDACCIÓN
REDACCIÓN
O espazo A porta aberta mergúllase hoxe (TVG2, 21.00 horas) no traballo e as inquedanzas da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), da man de Ánxo Queiruga, presidente deste colectivo; Rosa Gutérrez, directora de negocio en Galega de Economía Social (GES), matriz dun grupo de empresas de economía social participado por Cogami; Celso Álvarez, coordinador do centro de Cogami en Mos; e María Jesús Pérez, responsable da área xurídica desta confederación.
Somos todos persoas únicas e nas diferenzas de cada membro da sociedade está un enorme valor, unha riqueza, e todos unidos somos un colectivo poderoso para construír sociedades xustas, igualitarias e democráticas. Pero realmente é así? O potencial para que así sexa é real, pero non sempre se aproveita. As persoas con discapacidade aportan tamén a súa diferenza. E para que de verdade as diferenzas sexan un valor da sociedade trabállase en Cogami. No papel todos somos iguais na sociedade, pero na práctica diaria ás veces a igualdade non é doada de establecer. As desigualdades materiais saltan á vista. As cidades e os edificios non están suficientemente pensados para persoas con algunha discapacidade. As desigualdades derivadas das formas de pensar de cada un xa non son tan evidentes, pero é imprescindible derribar estas barreiras mentais, e isto será un beneficio para toda a sociedade, lograr unha mentalidade onde as diferenzas non determinen as nosas vidas.
Existe un ámbito no que o traballo para a integración é central para que esta se traslade ao resto dos ámbitos da vida. É no mundo laboral, no que ás persoas con discapacidade a súa ocupación lles vai aportar uns beneficios de enorme valor, trátase de acadar dúas cousas: a independencia económica e a autoestima. Por isto a cuestión do emprego para as persoas con discapacidade é fundamental no traballo que se desenvolve en Cogami.
- Abre en Monte Alto la primera taberna de brujas de A Coruña: 'Vamos a hacer rituales y celebrar el Sabbat
- Condenada una vecina de Cambre a devolver más de 125.000 euros por vender un local reconvertido en vivienda 'inhabitable
- El eclipse marítimo de los 106 mayores de Telefónica de A Coruña: 'Quisimos hacerlo en barco porque nos pareció más original
- La Batalla Naval volverá a iluminar la noche de A Coruña con 20 minutos de fuegos artificiales: fecha, horario, lugares y cortes de tráfico
- La hostelería salva a los grandes bajos comerciales de A Coruña: 'Hay muy pocos negocios que necesitan grandes superficies
- Contacto del Deportivo por Adama Traoré: entre el dinero y el deseo del jugador
- Pull&Bear recupera su local original en el Ensanche de A Coruña
- El día después del eclipse en A Coruña: 83.712 coches, más usuarios de bus y 218 toneladas de basura