As Festas do Carme de Lorbé, protagonistas do ‘Vaia troula’ da TVG
A Romaría Vikinga de Catoira terá tamén cabida no espazo de hoxe

Festa do mexillón, este pasado fin de semana, en Lorbé. | // C. PARDELLAS / REDACCIÓN
REDACCIÓN
O espazo Vaia troula da Televisión de Galicia (TVG) ofrecerá esta noite unha gran batalla entre o pemento de Herbón e o pemento da Arnoia. E ademais, as reporteiras do programa pasarán polas mellores celebracións dos últimos días. Entre moitas outras estarán nas Festas do Carme de Lorbé, Romaría Vikinga de Catoira, as festas de Muíños e a Festa do Albariño de Cambados.
A presentadora do espazo máis festeiro da TVG, Noelia Rey, visitará A Arnoia, en Ourense, para saborear os seus pementos: haberá pementos fritos, tortilla de pementos e ata xeado de pementos. E Belén Vara estará na parroquia de Herbón, en Padrón, para participar nunha festa do pemento con desfile de tractores, moita música e os famosos pementos de Herbón.
Pola súa banda, Amanda Fernández viaxará ao concello de Muíños (Ourense) para compartir con todos os veciños o seu día da Festa das Sopas de Burro Canso e Galo Pica no Chan. Por outra banda, Adela Bértolo será unha máis na espectacular Romaría Vikinga de Catoira, declarada de Interese Turístico Internacional. E Noelia Salgado pasará unha xornada de risas e glamour na divertida Festa Hortera de Porto do Son, que este ano está dedicada a Tina Turner.
As cámaras do Vaia troula tamén estarán presentes nas Festas do Carme de Lorbé, na Coruña, na exaltación do Albariño de Cambados e na celebración de San Isidro de Quintáns, en Muxía. E todo rematará coas puntuacións finais, coas que descubriremos o gañador da gran batalla.
- Adiós al asador de pollos de San Roque: el Concello de A Coruña inicia el desahucio de los locales de la atalaya de la plaza de España
- Así es la ruta de la cascarilla en A Coruña: 5 locales donde aún puedes disfrutar de este producto
- Nueva urbanización en Oleiros: las demoliciones llegan a los terrenos de A Xesteira
- Breogán Park incorpora a su proyecto en Agrela, en A Coruña, un hotel de la cadena B&B Hotels
- Don Pollo pide margen para desalojar la atalaya de San Roque en A Coruña: 'Nos avisaron con poco tiempo
- Xenlleiro, el nuevo restaurante de Arteixo que apuesta por el sabor de siempre: 'Hasta ahora no había una propuesta como esta
- La fiebre del aguacate se extiende en la comarca de A Coruña
- Récord histórico de Inditex: los analistas anticipan que ganará por primera vez más de 6.000 millones