Opinión

Ex xefe de Deportes de LA OPINIÓN

“E terás un pitillo?”

Día triste, que duda cabe, para o deportivismo, os coruñeses e os galegos. Ausentouse Arsenio, que non marchou porque sempre estará entre nós, mesmo cando nós non esteamos e sexamos apenas unha lembranza mingua. Cando chega este momento custa escribir. De que se fala? Do Arsenio deportista? Do Arsenio persoa? Do primeiro sábese case todo; do segundo, eu moi pouco. Porén foi dabondo. Un deportivista que marchou pola porta de atrás no clube no que foi case todo —a realidade é que o marcharon—. Saiu só de Riazor cando o deportivismo festexaba o primeiro título da súa historia, aló polo 1995, despois de escoitar palabras lindas que nada tiñan que ver coa realidade. Marchou e só volveu 21 anos despois, en 2016, para recibir unha homenaxe que os ciumes lle negaron. Foi deportivista desde o berce ata o cadaleito, deportivista de sentimento non só para cobrar. Como practicamente todo o que é deportivista. Fixo historia como adestrador e converteuse nun icono en branquiazul, como amosan o paso dos anos. Foi un galego que exercía; a súa fala, a súa filosofía, a súa cultura… case todo. Un pouco como Rodrigo (García Vizoso), que tamén fixo de todo e con pouco recoñecemento; o que quedou na memoria de algúns. E no persoal? Cada quen fala como lle foi conto. E o meu con Arsenio é moi rico.

Millonario son dada a diferenza de idade. Agradábel, respondón. Agarimoso, rosmón. Sempre na cara. E sobre todo era galego, retranqueiro. Un estilo de vida que compartimos algúns. Por iso non aturou certas historias; por iso deixou de existir —tampouco quería— durante moitos anos, ata que en 2016 recibiu o recoñecemento merecido en Riazor. E no persoal? Pois no persoal quedan moitas cousas, desde o último agarimo “es Jesucristo”! ata “Malliño, dame un pitillo, oh!”, ou “dime Arsenio que me deas un pitillo para el”, cando os partidos ían moi xustos. Cando non no Deportivo? Tamén teño que dicir que polo Nadal sempre viña algún cartón da súa parte.

Agradecido era e agradecido eu quedaba. Xa hai tempo non me pedía pitillos; xa hai tempo mudaron moitas cousas; mais agora todo pode ser outra vez como antes: máis pitillos, máis broncas e máis agarimos. Sempre en min. Grazas por tanto, por axudarme a ser un pouco mellor. Que a terra lle sexa leve, míster!