O BNG denunciou hoxe o "menosprezo" do presidente provincial do PPdeG na Coruña pola lingua e as literaturas galegas por propor suprimir o Día das Letras como festivo.

O BNG lamenta nun comunicado que, continuando a campaña do PPdeG "de menosprezo a todo ou que significan a literatura e a lingua galegas", Negreira e o seu partido "demandan agora que se suprima o Día das Letras como festivo de carácter autonómico".

Para o BNG, esta proposta "é unha nova mostra das verdadeiras intencións do PP", que pasan, advirte, "por relegar a festa social do Día das Letras a un mero acontecemento escolar, obviando que se trata dunha celebración do conxunto da sociedade galega".

O BNG considera que o Día das Letras foi, historicamente, un día de celebración social para o conxunto da cidadanía galega e das súas forzas políticas e que así debería continuar evitando utilizalo partidariamente.