-A plantilla docente da Universidade da Coruña medrou en dez anos un 23%, o mesmo que baixaron os estudantes.

-Fundamentalmente, é polo cambio do tipo de aprendizaxe que veu motivado pola adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior. Hai anos, o número de estudantes por grupo era de 125, e agora son 60. Antes chamábase lección maxistral e agora, docencia expositiva. Ademais, agora, temos tamén o que chamamos docencia interactiva, que son 20 alumnos por grupo para resolver casos prácticos, seminarios, discusión... e, ademais, titoría con grupos reducidos, que son 10 alumnos por grupo, onde se titoriza aos estudantes, pero en grupo, e onde se fai o seguemento dos traballos e a actividade autónoma do estudante que está titorizada polo profesor.

-Acadouse o ensino personalizado que esixe Bolonia?

-Si, e iso supuxo un cambio de paradigma no tipo de aprendizaxe e indudablemete supón máis profesorado para esa atención máis personalizada. Isto xa estaba no plano de financiamento de 2004, no que ao final se metera unha adenda de que era necesario cuantificar cánto supoñía o custe adicional de adaptación ao Espazo Superior Europeo, e non se fixo. E agora que se está discutindo os criterios de aplicación para o plano de financiamento para os próximos anos, para nós é moi importante que nos criterios estructurais se contemple o número de estudantes, porque é unha actividade principal e fundamental da universidade a formación de profesionais, e é un tema estructural, non é un tema coxuntural.

-Queda algo por pulir na docencia para a adaptación total?

-Non. No modo de abordar as clases, xa implantamos ese modelo. Agora, teremos que analizar cando teñamos máis datos se hai que correxir algún tipo de actuación, porque non é o mismo unha titulación que admite 50 estudantes cada ano que unha que admite 250. A xente pensa que o problema son as titulacións que teñen poucos estudantes. Nós, onde temos o problema é nas titulacións que teñen moitos estudantes; nunha carreira de cinco anos con 250 alumnos por curso, aténdese a 1.250 cada ano, e tes que atendelos en grupos de 60, 20 e 10. Necesitas espazos, talleres, laboratorios e profesorado. É fundamental para mellorar a calidade docente.

-Cal é a ratio alumnos por profesor da UDC?

-Dentro do Sistema Universitario Galego, somos a que está en peor situación. Nos temos 7,4 profesores por 100 estudantes; frente a Vigo, que ten 7,8; e Santiago, que ten 8,2. E a media estatal é de 8 profesores por 100 estudantes, non chegamos. Nos últimos 8 anos, nós melloramos esta ratio nun 18%, pero aínda non chegamos nin á media estatal e seguimos na cola do Sistema Universitario Galego, o cal vén a demostrar que temos un déficit estructural na Universidade da Coruña que, ou se resolve no plano de financiamento, ou seguiremos sendo os peor financiados, atendendo a este criterio de estudantes e profesores.

-¿Esta mellora na ratio de profesores fíxose sen unha partida adicional ou específica no financiamento público?

-O plano de financiamento anterior, hai que recoñecelo, foi facendo aportacións extraodinarias a demanda das universidades fóra do plano.

-Pero agora non ten pinta de que vaia ser así, non?

-Non.

-Nin está previsto ningún tipo de impulso para a implantación definitiva de Bolonia?

-Non. E estamos, sendo xenerosos, na metade do camino. Nós temos aquí dúas titulacións que para o curso que vén xa teñen o grao implantado por completo, Terapia Ocupacional e Socioloxía, as que empezaron antes. O resto das licenciaturas implantarán 3º para o curso que vén e as que van máis atrasadas, as enxeñerías, para o próximo ano implantarán 2º.

-A que ritmo vai a UDC na adaptación a Bolonia en relación con Santiago e Vigo?

-Imos todos á par. Empezamos todos ao tempo cun plano experimental de unha, dúas ou tres titulacións. En esta institución, a UDC, o importante son os recursos humanos, o capital humano, e nós estamos preocupados pola cualificación do noso personal. Desde a implantación da LOU reformada en 2007 se establece que o profesor tipo da universidade é o profesor doutor permanente. Nós, nos últimos seis anos, melloramos un 23% en este tipo de profesorado. Eu valoraría eso como o máis importante, porque é fundamental ter profesores, obviamente, pero hai que ter profesorado cualificado.

-En tempos de recortes, a Universidade da Coruña non se plantexa reducir persoal?

-Non. Porque isto é unha universidade pública e nós temos que formar bos profesionais, xerar coñecemento, transferir coñecemento, contribuir ao desenvolvemento do entorno... moitas cousas. Pero tamén temos que cumplir un papel social como organismo público e contribuir ao que a min me gusta chamar a movilidade social ascendente, é dicir, que ti ascendas socialmente pola vía da formación e o coñecemento, e non polo tema económico exclusivamente. Polo tanto, temos que esforzarnos en admitir ao máximo número de estudantes que podamos, e estámolo facendo.

-Podería a Administración utilizar o incremento de plantilla como argumento para falar de ineficiencia na xestión?

-Hai datos que proban que iso non é así, porque este aumento de plantilla se fixo para adaptarnos a Bolonia e xa estamos dando unha atención máis personalizada. O que se nos di é que temos que ensinar aos estudantes a aprender a aprender, que sexan máis independentes á hora de acceder ao coñecemento, co profesor máis como guía, en lugar de limitarse a transmitir coñecementos nunha lección maxistral.

-A que atribúen a caída na matrícula?

-Á baixada demográfica, hai menos xente en idade universitaria, pero a UDC manten o número de estudantes e a primeira matrícula.