Un libro realizado polos autores Manuel Rico e Antón Santamarina, titulado Eu non canto por cantar e coordinado por Cibrán Rico e Jesús Vázquez -edición e deseño-, será o agasallo co que Supermercados Gadis obsequiará aos seus clientes o 16 de maio. A firma coruñesa desenvolve este ano diferentes iniciativas culturais para sumarse á celebración do 17 de maio. A compañía de distribución quere pór en valor o acervo cultural de Galicia editando 25.000 exemplares dun recompilatorio inédito de cancións populares Eu non canto por cantar. Na presentación, os promotores da iniciativa aseguraron que busca como obxectivo fomentar a lectura en galego.