María Solar conversará hoxe no estudio do Zigzag, na súa versión da fin de semana, con Víctor Freixanes, xornalista e escritor, amais de director da Editorial Galaxia, con motivo da reedición de O triángulo inscrito na circunferencia. Esta obra, publicada en 1982 e gañadora dos premios Blanco Amor e da Crítica, é a primeira novela de Freixanes. Agora reeditada en versión revisada polo autor, confírmase como un clásico da narrativa galega contemporánea.