Ningún galego dubida á hora de sinalar quen era Rosalía, Castelao ou Curros Enríquez, pero a cousa cambia se hai que resaltar os logros de científicos tan relevantes como Domingo Fontán (autor do primeiro mapa con rigor científico en España), Isidro Parga Pondal (primeiro xeoquímico español) ou Ángeles Álvariño (primeira científica en traballar en buques británicos). Agora o Consello da Cultura Galega acaba de publicar o Álbum da ciencia. 30 nomes e as súas achegas, na que de forma accesible e cun "toque divulgativo" recóllense as biografías dunha trintena de científicos -galegos ou que desenrolaron gran parte da súa actividade na comunidade- que destacaron pola súa labor ao longo da historia. "Esta publicación amosa que os galegos fomos quen de facer ciencia totalmente homologable á do resto de países adiantados, houbo científicos moi notables e en ciencia tivemos un nivel igual ou superior ao que houbo noutras áreas", sostén un dos coordinadores deste proxecto, o historiador de ciencia Xosé A. Fraga.

Esta escolma é o resultado dun proxecto que comenzou hai máis de 30 anos. En maio de 1987 unha serie de expertos, entre eles o falecido Isaac Díaz Pardo, acordaron tomar medidas para difundir a labor dos investigadores galegos ao longo da historia. "Na reunión, un dos puntos nos que houbo unanimidade era que había un baleiro no coñecemento de científicos galegos. Mentres noutras áreas como literatura ou arte había moita información, no caso dos científicos a información era escasa ou inexistente", explica Fraga, quen indica como a partir de entón comenzou un traballo de documentación que permitiu a publicación de dúas entregas dun dicionario histórico de científicos galegos (no 1993 e no 2005) e que derivou desde o 2011 no proxecto Álbum da ciencia, unha especie de enciclopedia online na que xa hai 274 biografías de persoaxes relevantes no mundo da ciencia. "Non hai ningún outro traballo similar en España e nin sequera noutras áreas en Galicia", resalta Fraga, quen indica que o álbum amosa os logros destes galegos á par que aporta datos persoais porque "queriamos dar una visión humana da ciencia".

A partir destas case 300 biografías fíxose unha escolma para destacar só a 30. "Tívose en conta que fosen persoas relevantes pero tamén que house certa diversidade de disciplinas, de orixe xeográfica, etc.", indica o coordinador do Album que aposta por un deseño moi visual. "Está pensado coma un agasallo á sociedade, que sea accesible tanto para alumnos como xornalistas que buscan información ou público que ten interese", di Fraga.

A escolma, na que hai catro coruñeses (Durán Loriga, Novoa Santos, Ramón de la Sagra e María Wonenburger) máis Isidro Parga Pondal (natural de Laxe), está viva xa que ao ser online pode ser actualizada constantemente.

►Roberto Novoa Santos, a principal figura da historia da Medicina en Galicia.Datas.

(A Coruña, 1885; Santiago, 1933).

Estudos. Licenciado en Medicina e Catedrático de Patoloxía.

Algúns logros. O seu 'Manual de patología general' achegou o pensamento fisiopatolóxico ás aulas universitarias da época. Fomentou o traballo no laboratorio.

Autor dun manual sobre patoloxía xeral que 'revolucionou' este campo, foi ademais pioneiro ao fomentar o traballo no laboratorio na facultade ou firmar artigos cos alumnos n Defendía a inferioridade da muller por razóns biolóxicas, pero impulsou a carreira dalgunhas compañeiras.

Nado nunha familia humilde -con pai sarxento de culler e nai costureira-, Roberto Novoa Santos está considerado unha das principais figuras na historia da medicina en Galicia, xa que destacou pola súa labor docente, investigadora e sobre todo pola publicación do Manual de patología general que foi toda unha revolución nas aulas universitarias que formaban a futuros doutores. Neste libro, publicado en 1916 e que contou con seis edicións, partía de considerar a enfermidade coma unha alteración funcional e incluía por primeira vez en España os procesos psicopatolóxicos.

Licenciado en Medicina en Santiago e catedrático de Patoloxía, tivo fama de ser moi bo docente e de ser pioneiro nalgunhas maneiras de ensinar a materia. De feito, segundo pódese ver no Álbum da ciencia, Novoa Santos foi o primeirio en facer publicacións no que o nome do mestre aparecía xunto ao dos alumnos que participaban na investigación e fomentou a aprendizaxe experimental ligada ao laboratorio.

Ao non ser o perfil de profesor universitario da época -normalmente os mestres tiñan xa algún familiar na facultade- e quizais certos "celos profesionais" fixo que tivese inimigos na facultade de Santiago que daban unha visión distorsionada dos seus logros. En 1928 marcha para Madrid e publica máis de 300 traballos ao longo da súa carreira.

Nunha época de gran pulo do antifeminismo, Novoa Santos é dos que defenden que a muller é inferior ao home por "razóns biolóxicas" como declarou en numerosas ocasións. Con todo, na práctica apoiou ás mulleres do seu entorno e promocionou as súas carreiras coma a das irmás Fernández de la Vega.

► María Josefa Wonenburger, unha matemática pioneira, referente a nivel mundial.Datas.

(Oleiros, 1927; A Coruña, 2014).Estudos.

Licenciada en Matemáticas.Algúns logros.

Primeira española con beca Fullbright en EEUU.

A que foi a primeira española con bolsa Fullbright para estudar en EEUU e a única profesora do claustro na súa etapa na Universidade de Toronto publicou numerosos artigos que aínda están entre os máis citados internacionalmente.

Matemática especializada na rama de álxebra, María Josefa Wonenburger publicou artigos nas revistas máis importantes a nivel internacional que aínda son ampliamente citados e os seus estudos tiveron repercusión non só nas matemáticas senón tamén na física das partículas e na informática. Un currículum excepcional que torna maior importancia ao ter en conta a súa condición de muller e a época na que fixo todos estos logros: a partir dos anos 50.

Os seus pais querían que estudiase Enxeñaría para perpetuar o negocio de fundición que tiña a familia, pero a ela gustábanlle as matemáticas e os pais tampouco se negaron. Daquela en Santiago só se impartían dous cursos polo que tivo que rematar a súa formación en Madrid. Tras unha brillante carreira e as mínimas posibilidades de traballo que había en España, algúns profesores aconselláronlle que pedise unha beca para ir ao extranxeiro. De este modo, en 1953, convertiuse na primera española en obter unha bolsa Fullbrigth para estudar o doutoramento en EEUU. A esa seguiría outra bolsa posdoctoral trala que foi contratada coma profesora na Universidade de Toronto, a primeira muller do claustro, para logo voltar a EEUU. Unha etapa académica na que fixo numerosos artigos -alguns citados en máis de 30 traballos de relevancia internacional- e dirixiu oito teses doctorales. Nos últimos anos da súa vida recibiu varias homenaxes.

►Juan Jacobo Durán Loriga, o estudoso da xeometría do triángulo.

Datas. (A Coruña, 1854-1911)

Estudos. Matemático

Algúns logros. Publicou numerosos artigos en revistas españolas, francesas, italianas ou alemás e foi un estudoso da xeometría do triángulo. Entre as súas contribucións estivo o concepto de potencia dun triángulo

Curiosidades

Sociedades. Foi membro da Real Academia de Ciencias de Madrid, socio fundador da Sociedade Matemática e membro da Societè Mathématique

Libros. Na súa biblioteca, hoxe en máns da Universidade de Santiago, figuran libros adicados que amosan a boa relación que tivo con matemáticos estranxeiros

Feminista. Nunha charla en 1904 sobre a muller e as matemáticas amosouse como feminista radical

Autor de numerosos artigos científicos en revistas de España, Italia, Holanda, Francia, Bélxica ou Alemania, destacou polas súas investigacións sobre o triángulo e revelouse coma feminista ao abordar o tema da muller e as matemáticas

Formado na Academia de Artillería da que saiu como primeiro tenente, Juan Jacobo Durán Loriga destinou gran parte da súa carreira ás matemáticas e publicou numerosos artigos sobre as súas investigacións en revistas de prestixio españolas, italianas, holandesas, francesas, alemás ou belgas. Membro de numerosas entidades científicas -desde a Real Academia de Ciencias ata a Sociedade Matemática Española ou a Societè Mathèmatique de Francia- a súa repercusión a nivel internacional queda probada gracias á súa biblioteca -hoxe donada a Universidade de Santiago- na que figuran libros adicados por moitos matemáticos españois e estranxeiros coma Charles Hermite, Ernesto Cesaro ou Brocard.

Os seus artigos abarcaron temáticas moi dispares. Nun deles proporcionou unha demostración estrictamente alxébrica das fórmulas de Newton, na publicación Sobre unha curva transcendente, o coruñés fabricou uhna curva que é unha xeneralización da tractriz de Libniz e noutra investigación deu a coñecer unha curva alxébrica de grado catro sobre a que despois traballarían outros colegas de profesión.

Pero o súa principal área de estudo foi a xeometría do triángulo, onde a súa principal achega foi o concepto de potencia dun triángulo, proposto nun artigo publicado en 1894.

Máis aló da producción estrictamente científica, Durán Loriga conta con numerosos traballos de divulgación e de pedagoxía da matemática. Entre elas figura o texto dunha conferencia que impartiu en 1904 na Academia Provincial de Belas Artes da Coruña na que, entre outros temas, falaba da muller e a matemática na que revelouse como un "feminista radical". Morreu de forma repentina cando estaba a piques de ler o discurso de entrada na Academia Galega.

►Ramón de la Sagra, precursor de institucións agronómicas en América.Datas.

(A Coruña, 1798; Neuchátel, 1871)

Estudos. Universidade de Santiago

Algúns logros. Puso en marcha institucións agrónomas en Cuba que foron pioneiras no continente americano e a súa obra 'Historia física, política y natural de la isla de Cuba' deuno a coñecer en todo o mundo.CuriosidadesAmizades.

Na Universidade frecuentaba ambientes liberais e sobre todo tivo gran amizade con Casiano de Prado, con quen realizaba excursións para coleccionar plantas e minería.Fundador.

Participou na creación do Ateneo.Retorno.

Voltou en 1835 a España para editar a súa obra magna.

Con coñecementos en filosofía, medicina, física, matemáticas ou historia natural, marchou para Cuba para facerse cargo primeiro dunha cátedra e logo de dirixir o Xardín Botánico da Habana. Foi pioneiro en por en marcha institucións agronómicas en América.

Nado nunha familia burguesa da Coruña, enriquecida co comercio en América e de pensamento protoliberal, De la Sagra comenzou estudios no colexio militar de Santiago que completou con formación en Filosofía, Medicina ou Farmacia que lle permitiu introducirse en coñecementos de matemáticas, física, química, anatomía ou historia natural.

Na Universidade frecuentaba ambientes liberais e posiblemente pola represión que sufriron estos círculos en 1817, fuxiu cara a Madrid. Gracias a súa colaboración en La crónica científica y literaria e a creación do Ateneo, no que participaba nas súas iniciativas, tivo relación con empresarios liberais con negocios nas Antillas e que lle ofreceron ir a Cuba para xestionar unha fábrica de tabacos. A primeira incursión na isla foi breve debido ao fracaso do proxecto pero en 1822 ofrecéronlle -aínda que non tiña formación específica en historia natural- ser profesor desta materia no Xardín Botánico da Habana. Unha vez alí e sobre todo cando chegou a dirixir o Xardín reenfocou a estrutura para orientala ao cultivo de plantas de interese agrícola, industrial ou medicinal. Ademais en 1829 crea unha granxa experimental para o ensaio de cultivos novos de técnicas productivas novidosas e á par levou a cabo un amplo programa de inventario da natureza cubana.

Nesa época fixo numerosas publicacións pero a súa obra magna, o que lle dou fama en todo o mundo sería Historia física, política y natural de la isla de Cuba, de trece volumes.

►Isidro Parga Pondal, un dos primeiros xeoquímicos españois.

Datas. (Laxe, 1900; A Coruña, 1986)

Estudos. Licenciado en Ciencias Químicas e doutor en Ciencias Xeolóxicas

Algúns logros. Autor de máis de 80 artigos, membro de numerosas sociedades científicas de España e o estranxeiro, está considerado coma un dos primeiros xeoquímicos españois

Curiosidades

Colección. A súa escolma de rochas de Galicia, hoxe no Museo de Historia Natural, está formada por máis de 500 mostras coa súa respectiva etiqueta da investigación

Foros. Convocou a I Reunión sobre Xeoloxía de Galicia e o norte de Portugal en 1965

Mapa. Creou o primeiro mapa xeolóxico moderno de Galicia

Fundador do primeiro laboratorio xeoquímico de España, ubicado en Santiago, foi pioneiro nos estudos desta especialidade e autor do primer mapa xeolóxico moderno de Galicia n Foi expulsado da Universidade compostelana, acusado de republicano e galeguista

O texto La géochimie, de W.Vernadsky, publicado en 1924 considerase o fundador da xeoquímica a nivel mundial e poucos anos despois, Isidro Parga Pondal comenzaba os primeiros estudos e investigacións cos métodos e obxectivos desta especialidade ao que o convirte nun dos primeiros xeoquímicos de España.

Lienciado en Ciencias Qumicas na Universidade Complutense de Madrid, os seus artigos amosaban xa o seu interese en aplicar os coñecementos en química acara o estudio dos recurso xeolóxicos. Anos despois, gracias a Universidade de Santiago e o Seminario de Estudos Galegos montou o Laboratorio Xeoquímico de Galicia, o primeiro adicado en España a esta especialidade. Nel levou a cabo estudos e investigación que foron publicados en revistas do sector e que lle fixo ser coñecido na comunidade científica española o que lle facilitou obter bolsas para traballar nos mellores laboratorios europeos.

Pese a que os seus traballos de xeoquímica en Santiago eran dos máis adiantados en España, a chegada da Guerra Civil fixo que fose expulsado da Universidade, acusado de republicano e galeguista, e que tivese que voltar ao seu Laxe natal onde se reorientou hacia a minería. Anos despois creou o Laboratorio Xeolóxico de Laxe onde realizou o primeiro mapa xeolóxico moderno de Galicia.