Homenaxe de Carballo ao humorista que popularizou 'Apaga o candil'

O humorista e músico coruñés O Xestal residiu os seus últimos 20 anos no lugar de Seixo

Unha das gravacións realizadas por O Xestal.   | // XOHÁN XABIER BALDOMIR CABANAS

Unha das gravacións realizadas por O Xestal. | // XOHÁN XABIER BALDOMIR CABANAS / Redacción

Redacción

Todo un éxito de vendas e moi presente nos radiocasettes dos coches galegos foi o humorista e músico O Xestal. Nacido na Coruña, pasou os seus últimos 20 anos no lugar de Seixo, parroquia de Lema, en Carballo. Por iso, este concello celebrará no 2023 o Ano do Xestal: porque coinciden o 90 aniversario do nacemento e o 30 do pasamento de Carlos Díaz Gestal.

A súa obra como humorista e músico pode atoparse no Arquivo Sonoro de Galicia, cun humor activista que reivindicaba a cultura da súa terra. Na música, popularizou o Apaga o candil que despois pechaba o Luar ademais doutras pezas que el recollía e gravaba. Por exemplo, a Marcha do Antigo Reino de Galicia ou a Foliada de Montemaior. O concello tamén quere trasladar os seus restos desde un nicho cedido en San Martiño de Razo ata o cemiterio municipal.

Suscríbete para seguir leyendo